Conversa usuario:Ana Escrigas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Ana Escrigas!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2014 ás 12:29 (UTC)[responder]

FEAFES Galicia[editar a fonte]

Boas, marquei o artigo FEAFES Galicia para wikificar porque o estilo do mesmo non é o dun artigo dunha enciclopedia, algunhas partes parecen publicidade da entidade e iso non está permitido nas wikipedias. Por outra banda se formas parte desa asociación ou tes relación con ela deberías revisar a política de Wikipedia:Conflito de intereses xa que nese caso non poderías editar o artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 21:29 (UTC)[responder]

Bo día Elisardojm, Aínda non teño moi claro como se contesta a estas mensaxes, espero estar facénddo ben. Agardo que cando o meu artigo estea rematado me avisedes por se hai que cambiar algo non? Tratei de escribilo cunha linguaxe o máis enciclopédica e imparcial posible, así que a ver se hai sorte e pasa o wikificación. Un saúdo e grazas pola observación. ~~Ana~~

Se vas a traballar nun artigo durante un certo tempo podes poñerlle o marcador Modelo:En uso, así tódolos usuarios saberán que aínda non remataches e que seguirás a facerlle melloras.
Para contestar as mensaxes o máis axeitado é responder na conversa do usuario que che fixo o comentario. Pouco a pouco se lle colle o xeito. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2014 ás 10:33 (UTC)[responder]