Conversa usuaria:LadyPuppet
Benvida á Galipedia, LadyPuppet!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 15:59, 11 de abril de 2011 (UTC)
Varios[editar a fonte]
Ola, LadyPuppet. Supoño que te refires ao artigo que estiveches editando, é dicir, Sitio de Leningrado. Non, eu non son o creador nin editei até o momento nese artigo. Podes revisar o historial para saber que editores lle meteron man e en que datas. É público sempre o historial de edicións dos artigos en calquera wiki. Outra cousa, cando te dirixas a un usuario na súa páxina de conversa (para o caso, na miña), que non che esqueza asinar. É moi sinxelo, faise premendo no botón que ten debuxado un lapis azul cun garabato, xusto enriba do cadro de escrita, á esquerda. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:20, 11 de abril de 2011 (UTC)