Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Música

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boas a todos! Estou tentando ampliar a información sobre as orquestras que hai na Wikipedia, e para a miña sorpresa descubrín que case non hai artigos sobre orquestras na Galipedia e que algo tan básico como un artigo sobre a Filharmónica de Berlín non existe, polo que vos pido axuda se algún de vos está interesado en axudarme a crear os artigos que non hai (que son moitotísimos, xa que actualmente hai catro ou cinco, se non lembro mal) e a mellorar na medida do posible os que xa hai (estou a traballar no da Real Filharmonía de Galicia e logo tentarei facer o mesmo coa Orquestra Sinfónica de Galicia). Tamén teño unhas cantas dúbidas ao respecto, xa que non sei no caso de orquestras extranxeiras se o correcto é poñer Filharmónica de Berlín ou Berliner Philharmoniker (a miña predilecta) e se credes que é preciso crear un modelo específico de caixa de información (agora estou a empregar o mesmo que nos intérpretes, mais hai información que non podo meter como o director titular da orquestra). Finalmente, e ligado con esto, tamén pido axuda para facer o mesmo que coas orquestras no caso dos directores (tamén moi, pero que moi coxo, falta por exemplo Simon Rattle, Wilhelm Furtwängler ou Jesús López Cobos, que ademáis foi Premio Príncipe de Asturias das Artes). En fin, que hai moito traballiño que facer en todo esto, así que toda axuda será ben recibida, un saúdo Piquitoconversa

  • Para min é un tema do que son bastante ignorante, pero para o que se poida botar unha man aquí estou. Coido que si debería facerse un modelo específico, e pódese partir dun dos xa existentes relacionados coa música. No caso dos nomes tamén estou contigo en poñelos na súa lingua, puidéndose poñer no propio artigo a tradución en galego do mesmo. --Beninho 14:39, 28 de agosto de 2011 (UTC)

m:Wikisongs II[editar a fonte]

There are many songs you can´t writing an article about, so I want to start this new Project. If you are interested in you can write it your name in the list. Thank you. --Habitator terrae (conversa) 29 de marzo de 2018 ás 11:08 (UTC)[responder]