Conversa:Eivisa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Topónimo en galego[editar a fonte]

Segundo o dicionario da RAG en galego o topónimo é "Eivisa" e o seu xentilicio "eivisenco". Déixovos a ligazón para que avaliedes vós de que xeito se ten que inserir a información dentro do artigo: http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#loadNoun.do?current_page=1&id=17361 —o anterior comentario sen asinar foi feito por ‎79.158.173.91 (conversacontribucións) o 11 de xuño de 2013 ás 03:16

Xa está incluída a información; graciñas pola referencia. Para outra vez, non teña medo a editar pola súa conta. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de xuño de 2013 ás 04:58 (UTC)[responder]
Esa dirección da un erro ó tentar acceder a ela, podería ser polos cambios que se fixeron estes días no dicionario da RAG? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2013 ás 11:58 (UTC)[responder]
Ben visto, Elisardo; a nova ligazón é estoutra. Procedo a actualizala no artigo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de xuño de 2013 ás 12:24 (UTC)[responder]
Unha preguntiña. Imos estar dependendo da ligazón a RAG? É dicir, se a ligazón desaparece, habería que volver a "Eivissa"? Non abonda con que tiña sido verificado pola comunidade unha vez? --Norrin_strange (Fala-me) 13 de xuño de 2013 ás 12:26 (UTC)[responder]
Hehe, :) Dúas cousas: en primeiro lugar, que desapareza a consulta on-line non quere dicir que esa fonte desapareza. Neste caso, o dicionario está impreso en papel. En segundo lugar, para mudar a Eivissa, Ibiza ou calquera outra forma alternativa, terí que haber unha referencia que o apoiase, cando menos do mesmo valor e respectabilidade có dicionario da RAG. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de xuño de 2013 ás 15:09 (UTC)[responder]