Conversa:Al-Hoceima

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boas Xabier! Vin que comezaches ti o artigo... cómpre referenciar a forma galega de "A Hoseima". Eu vin no TILG o uso (non excesivo tampouco) de "Alhucemas" (ver), aínda que sería mellor achar mellores referencias... Usuario:HombreDHojalata tes ti algunha fonte? Saúdos aos dous!! --Norrin (Fálame) 30 de xuño de 2015 ás 07:52 (UTC)[responder]

Tendo en conta a data do artigo, eu diría que non, Norrin. Supoño que fixen unha adaptación do nome árabe, tendo en conta as regras xerais dos topónimos árabes. Pero non o lembro. --Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de xuño de 2015 ás 07:59 (UTC)[responder]
Mírocho cando chegue á casa. --. HombreDHojalata.conversa 30 de xuño de 2015 ás 10:08 (UTC)[responder]
Referencia bibliográfica en galego Entrada Definición
Diccionario enciclopédico galego universal (2003) Alhucemas Al => Hoceima
Alhucemas, peñón de Illote de soberanía española na badía de Alhucemas (ou de Al-Hoceimas) a 2 km da costa marroquí (1,2 km²). Foi ocupado polos españois en 1673. O seu único poboamento son os 61 membros do destacamento da lexión.
Hoceima, Al- Provincia de Marrocos (3.550 km²; 383.000 h [estim 1994]). A súa capital é Al-Hoceima (55.216 h [1994]).
Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago:
Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo
(2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0.
Alhucemas 132 4E [nota 1]
Diciopedia do século 21 (2006) Alhucemas, desembarco de Operación militar conxunta franco-española (1925), na baía homónima da costa setentrional de Marrocos, durante a campaña contra Abd el-Krim.
Abd el-Krim Caudillo marroquí (1882-1963), gobernador de Melilla. Organizou a sublevación contra o dominio español e obtivo as vitorias de Annual e Monte Arruit (1921). Ao fustigar os franceses provocou o desembarco hispano-francés de Alhucemas... ...
  1. Nota de HdH: No mapa aparece coma un punto, igual que Melilla (Esp.) ao leste de Alucemas, e Chauen ao oeste de Alucemas. Refírese, por tanto, á vila, non a rexión.

Coido que o primeiro que temos que facer e separar o artigo da vila (Al-Hoceima ou Alhucemas, valen as dúas) do artigo da provincia (Provincia de Al-Hoceima ou Provincia de Alhucemas, valen as dúas). --. HombreDHojalata.conversa 30 de xuño de 2015 ás 13:23 (UTC)[responder]

Grazas! Non lin o artigo polo miúdo, mais entendo que refírese á vila. Tendo en conta o criterio do primeiro editor, acho que debería quedar "Al-Hoceima" no título tanto da cidade como da provincia, e que o peñón de Alhucemas debería quedar así ao estar baixo soberanía española e ter ese topónimo como oficial. Como son ambas formas válidas, entendo que nos artigos haberá que coidar o 1º editor. Saúdos! --Norrin (Fálame) 30 de xuño de 2015 ás 14:01 (UTC)[responder]
Si. Concordo con todo e así o apliquei, mais neste artigo hai contidos mesturados da vila e da provincia, que quedan pendentes de separar. --. HombreDHojalata.conversa 30 de xuño de 2015 ás 14:04 (UTC)[responder]