Contador eléctrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contador electrónico monofásico (fogar).

O Contador eléctrico é un aparello electrónico (os antigos eran electro mecánicos) empregado para medir a enerxía eléctrica consumida nun circuíto ou instalación.

A unidade de medida da enerxía eléctrica é o vatio ( joule por segundo), e o seu múltiplo o kWh (quilo vatio por hora). Os contadores eléctricos son de diverso tipo. Nas vivendas e pequenos consumidores son de corrente monofásica e para grandes consumidores: trifásicos. Os contadores tamén poden medir a enerxía activa e a enerxía reactiva.

Os contadores eléctricos son precintados polas compañías eléctricas tanto se están en alugueiro como se son propiedade do cliente.

Historia[editar | editar a fonte]

Contador electrónico trifásico.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Relación vectorial entre potencia activa (P), aparente (S) e reactiva (Q).

A potencia reactiva mídese en "quilo voltios-amperios reactivos por hora", (kvarh). Unha carga indutiva, coma un motor eléctrico, terá potencia reactiva positiva. Unha carga capacitiva, terá a potencia reactiva negativa.

A distorsión da corrente eléctrica polas cargas mídese de varias maneiras. O factor de potencia é a relación entre a carga resistiva (o valor real) en voltios-amperios (VA). Unha carga capacitiva ten un factor de potencia positivo, e unha carga indutiva ten un factor de potencia negativo. Unha carga puramente resistiva (tal como unha luz de incandescencia, quentador eléctrico o caldeira) da un factor de potencia de 1. Os armónicos de corrente son unha medida da distorsión da forma de onda. As cargas electrónicas tales como fontes de alimentación de ordenador extraen a súa corrente no pico de tensión para cargar os seus elementos de almacenamento internos (condensadores). Este pode conducir a unha caída significativa de voltaxe cerca do pico de tensión de alimentación que amósase como un aplanamento da forma de onda de tensión. Este aplanamento provoca armónicos impares que non son permisibles se exceden os límites específicos, xa que son non só un desperdicio, tamén poden interferir co funcionamento de outro equipo. As emisións de armónicos están reguladas por lei na UE e limitadas dentro duns estritos valores. As compañías eléctricas aplican penalizacións cobrando máis pola enerxía consumida en función dos valores.

Os contadores eléctricos monofásicos ou trifásicos miden o gasto de corrente activa (potencia activa).

Contadores de Ferraris[editar | editar a fonte]

Funcionan segundo o principio de indución de Galileo Ferraris

Dobre tarifa[editar | editar a fonte]

Son contadores dobres que poden facer unha facturación diferenciada segundo a faixa horaria programada.

Contador electrónico[editar | editar a fonte]

O medidor de enerxía electrónico non conten elementos móbiles. O fluxo de corrente mídese xa por medio de transformadores de corrente, sistemas de detección de corrente con bobinas de Rogowski, resistencias en derivación ou sensores Hall. As medicións dos sensores son posteriormente procesados por circuítos electrónicos. Os resultados son valores alfanuméricos que amósanse nas pantallas LCD .

Contadores electrónicos con telelectura[editar | editar a fonte]

Son unha mellora dos contadores electrónicos permitindo a telelectura. Empregando tecnoloxía PLC (Power Line Communication). Poden ser consultados empregando as liñas eléctricas como liñas de comunicación para a lectura dos contadores e facer a facturación.

Normativa[editar | editar a fonte]

Na Comunidade Europea os contadores deben cumprir varias normas:

  • IEC 62053-21 e -23.
  • Para a interface de dados IEC 62056-21 e IEC 62056-42 -46 -53 (DLMS) e IEC empregando 870a.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Contador eléctrico

Outros artigos[editar | editar a fonte]