Factor de potencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Relación vectorial entre potencia activa (P), aparente (S) e reactiva (Q).

O factor de potencia nun sistema que xera ou consome enerxía eléctrica é unha magnitude adimensional con valores comprendidos entre -1 e +1 indicativo da relación entre a potencia activa e a potencia aparente. Segundo o convenio poderíase entender que o factor de potencia varía so entre 0 e 1 pero podendo ser capacitivo ou indutivo.

Nun sistema monofrecuencia calcúlase como o coseno do ángulo que forman o vector da potencia aparente e o eixo de abscisas cando esta se representa nun plano complexo, este ángulo é normalmente referido como φ (fi). É habitual na nomenclatura técnica falar do factor de potencia como cos(φ) cando se trata dun sistema sen compoñentes harmónicas.

Nun sistema con compoñentes harmónicas o factor de potencia tamén é a relación entre a potencia aparente e a potencia activa pero o seu cálculo é algo máis complexo, adoitase a coñecer o factor de potencia como λ (lambda), e non coincide co cos(φ).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.