Condado de Morris, Nova Jersey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Condado de Morris
Map of New Jersey highlighting Morris County.svg
Xeografía
Estado: Nova Jersey
Orixe: 1738
Área total: 1.247 km²
Capital: Morristown
Demografía
Poboación:
- Total (Censo 2000)
- Densidade

470.212
387 / km²
Sitio institucional: Condado de Morris

O condado de Morris está situado no estado de Nova Jersey (EUA) a uns 40 km ó oeste da cidade de Nova York. No censo do 2000 a poboación era de 470.212 habitantes. Forma parte da Área Metropolitana de Nova York. A capital do condado é Morristown.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O condado ten unha extensión de 1.247 km² (dos cales 32 km² están cubertos por auga), e unha densidade de poboación de 387 hab./km² (segundo o censo do 2000).

Está formado polos seguintes barrios: Butler, Chatham, Chester, Florham Park, Kinnelon, Lincoln Park, Madison, Mendham, Morris Plains, Mount Arlington, Mountain Lakes, Netcong, Rockaway, Riverdale, Victory Gardens e Wharton.

As cidades máis importantes do concello son Boonton, Dover e Morristown.

Historia[editar | editar a fonte]

O condado de Morris foi fundado o 15 de marzo de 1738 ó separarse do condado Hunterdon. Foi así denominado polo gobernador da provincia de Nova Jersey

Economía[editar | editar a fonte]

O condado de Morris aparece de 3º no ránking de condados con maiores ingresos medios familiares dos Estados Unidos e no 10º por renda per cápita.

Municipalidades e outras entidades poboacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]