Denville, Nova Jersey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denville é un municipio do Condado de Morris, Nova Jersey, Estados Unidos. Segundo o censo do ano 2000, a poboación era de 15.824 habitantes. Denville, o centro neurálxico do condado de Morris, foi fundado en 1913. En 1988, como parte das celebracións do 75 aniversario, enterrouse unha cápsula que contiña "artefactos" da época.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Reloxo en Denville visible para a Route 53

Denville formouse como municipio o 14 de abril de 1913, a partir dunha parte do territorio da municipalidade de Rockaway.[1]

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a municipalidade de Denville ten unha extensión de 32,7 km² (12.6 mi²). Desta área, 31.4 km² son de terra e 1,3 km² (o 4.12%) está ocupado por auga.

Parte do parque do condado denominado The Tourne está no concello de Denville.

Denville caracterízase polos seus lagos e polas comunidades que se estableceron en torno a eles. Hai 11 entidades relacionadas cos lagos. As catro maiores comunidades residenciais son as de Cedar Lake, Indian Lake, Rock Ridge, e Lake Arrowhead (que inclúe Great Bay, Bay e Deep Waters). Lake Estling é unha comunidade de verán privada, que ten algúns residentes habituais. As comunidades dos tres lagos menores son as de Cooper Lake, Hollstein Lake, e Openaki Lake. Tamén pertence ó municipio de Denville a comunidade da lagoa de Cooks Pond.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo2 do 2000, Denville ten 15.824 habitantes, 5.990 fogares, e 4.312 familias residentes no concello. A densidade de poboación era de 504,5 hab./km². Había 6.178 unidades habitadas e unha densidade media de 197 casas por km². A configuración social do municipio é de 92,64% brancos, 1,14% afroamericanos, 0,08% amerindios, 4,64% asiáticos e 0,03% oceánicos. O censo rexistra 0,44% doutras razas e 1,03% de dúas ou máis razas. Os hispanos ou latinos de calquera raza representaban nese censo o 2,64% da poboación.

Dos 5.990 fogares, o 33% tiñan nenos de menos de 18 anos. O 62,8% eran parellas casadas; o 6.4%, mulleres independentes sen marido; e o 28%, non-familias. O 11,4% tiñan persoas de máis de 65 anos de idade vivindo soas. O tamaño do fogar é de 2,59 e a familia media ten algo máis de 3 membros.

A distribución por idades é a seguinte: 23,9% teñen menos de 18; 4,9% entre 18 e 24; 30,5% entre 25 e 44; 25,7% entre 45 e 64; e o 15% estaban entre os 65 anos ou máis de idade. A idade media é de 40 anos. Por cada 100 mulleres hai 92,8 homes. Por cada 100 mulleres de máis de 18 anos hai 89,1 homes.

Os ingresos medios por unidades de vivenda no municipio é de 76.778 dólares, e os ingresos medios por familia suman 90.651 dólares. Os homes teñen unha media de ingresos de 63.413 dólares fronte ós 42.392 das mulleres. Sobre 1,7% das familias e o 2.8% da poboación están por debaixo do limiar de pobreza.

Historia[editar | editar a fonte]

Sábese que os indios Lenape utilizaban rutas que atravesaban a actual municipalidade moito antes da chegada dos europeos a Nova Jersey. O centenario Minisink Trail ('carreiro Minisink') percorría boa parte do que é hoxe o sur de Denville seguindo máis ou menos a Estrada 10 (Route 10)]] e o monte Pleasant Turnpike. As investigacións feitas indican que un campamento Lenape estivo situado nesta senda en Denville, ou preto de Ayres (Knuth Farm Historic Site) na estrada 10.

Cando os colonos holandeses e ingleses comezaron a chegar ó novo mundo a comezos do século XVII, o 'Minisink Trail' foi case con toda probabilidade o itinerario empregado para viaxar cara ó interior. Daniel Denton, un dos compradores do que agora se coñece como Elizabethtown Tract en 1664, dirixiu unha expedición ás terras do interior da Nova Jersey psetentrional. En 1670 escribiu a primeira descrición en inglés da área. Algúns investigadores suxeriron que fora Denton quen bautizou a Denville.

Outras indagacións indican que os colonos comezaron a chegar á rexión de Denville a última década do século XVII. Os primeiros asentamentos foron os de holandeses e ingleses procedentes de Long Island, seguidos de quakers de Filadelfia, e alemáns. William Penn e varios outros propietarios comezaron a inspeccionar e cercar con estacas a rexión de Denville en torno a 1715. Entre 1730 e 1760, comezáronse a construír muíños e forxas ó longo do río Rockaway and do Denbrook. As primeiras comunidades aparecen ligadas a eles en Ninkey e Franklin no sur de Denville. A vila de Denville naceu en torno ás forxas de Job Allen Iron Works. Os primeiros construtores de Denville, coma a familia Hussa e A.B Crane & Co. comezaron a darlle forma as comunidades residencias e dos lagos.

Unha carta dun dos primeiros colonos, John Hinchman, do ano 1800, conta a historia oral de Denville de 50 anos antes, tal e como lle fora contado a el pola xente vella do seu tempo. Hinchman explica nesa carta que o nome de Denville procede de "den" (gorida, tobo). Ó parecer os indios lenape cazaban animais salvaxes nesta área.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Story of New Jersey's Civil Boundaries: 1606-1968", John P. Snyder, Bureau of Geology and Topography; Trenton, New Jersey; 1969. p. 192.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Denville, Nova Jersey

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]