Condado de Mesa
O condado de Mesa (en inglés: Mesa County), fundado o 14 de febreiro de 1883, é un dos 64 condados do estado de Colorado (EE.UU.).
Índice |
Xeografía[editar]
Ten unha superficie de 8.653 km², dos que 8.619 son de terra firme e 35 (o 0,40 %) de augas continentais. A sú poboación, segundo o censo do ano 2000, era de 116.255 habitantes, polo que a súa densidade de poboación era de 13 hab./km².[1] [2]
A súa capital é a cidade de Grand Junction (58.566 habitantes en 2000), así chamada por estar na confluencia dos ríos Grand River e Gunnison River.
Datos económicos[editar]
Segundo o censo dos Estados Unidos do ano 2000, a renta per cápita media do condado era de 35.864 dólares, e os ingresos medios dunha familia era de 43.009 $.
En 2000 os homes tiña uns ingresos per cápita de 32.316 $, contra 22.374 das mulleres. O ingreso per capita para o condado era de 18.715 $. Ao redor do 10,20 % da poboación estaba baixo o umbral de pobreza nacional.[3]
Notas[editar]
- ↑ Find a County (en inglés) Consultada o 15/3/2012.
- ↑ U.S. Census Bureau (Oficina do Censo dos Estados Unidos) (en inglés) Consultada o 15/3/2012.
- ↑ U.S. Census Bureau (Oficina do Censo dos Estados Unidos) (en inglés) Consultada o 15/3/2012.