Concello de Cereixa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Cereixa

Localización

O Concello de Cereixa existiu formalmente como concello de seu de 1820 a 1823, cando se integrou no da Pobra do Brollón.

Creado durante o Trienio liberal, mantívose ata a organización actual dos concellos co proxecto de organización territorial de España de 1822, logo confirmada na división territorial de España en 1833, polo que en 2021 cumpriu o seu bicentenario.[1] Abranguía as parroquias de Cereixa e seis máis, sen que se coñeza cales eran, sendo lóxico supoñer que serían as máis próximas á de Cereixa, posiblemente algunhas das pertencentes aos actuais concellos de Monforte de Lemos, Quiroga ou Bóveda.

Foron alcaldes do concello de Cereixa, José Sánchez Somoza, ao que sucedeu Miguel Domínguez Guerra, que era sacerdote.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]