Conca parisiense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A conca parisina é, nun sentido restrinxido, unha conca hidrográfica do Sena que rodea París. Nun sentido amplo, é unha rexión xeolóxica sedimentaria que comprende todo o centro-norte de Francia, que desborda en Bélxica, Luxemburgo e o suroeste de Alemaña, espallándose do Macizo Armoricano aos Vosgos e das Ardenas ao Macizo Central. A conca presenta unha paisaxe sedimentaria relativamente uniforme.

A conca parisina constitúe unha de primeiras rexións económicas de Europa e unha das principais zonas de investimento estranxeiro en Francia e en Europa. A rexión conta co primeiro centro de asuntos europeos, un dos principais complexos aeroportuairios europeos, dous portos marítimos de importancia continental (Le Havre e Ruán), os máis occidentais da Canle da Mancha, e dous vales: o do Sena e o do Loira. Con todo, a conca parisina resta pouco densa e sitúase lixeiramente a distancia das grandes rutas de comercio e do espazo humanamente moi denso constituído pola Renania alemá, os Países Baixos, Bélxica e o sudeste de Inglaterra (a megalópole europea).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]