Cliff Curtis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cliff Curtis
Cliff Curtis - Cannes (1).jpg
Nacemento Clifford Vivian Devon Curtis
27 de xullo de 1968
Rotorua, Illa Norte Nova Zelandia Nova Zelandia
Profesión actor
Ficha na IMDb

Clifford Vivian Devon Curtis nado o 27 de xullo de 1968 en Rotorua, na Illa Norte de Nova Zelandia é un actor neozelandés de etnia maorí.

Índice

[editar] Traxectoria

El comezou a actuar en producións de teatro nos musicais Fiddler on the Roof e The Man of La Mancha antes de ir á The New Zealand Drama School e ó Teatro Dimitri Scoula en Suíza. Traballou en varias empresas de teatro neozelandesas, incluíndo Mercury Theatre, e Centre Point.

O seu primeiro papel no cinema foi no filme nomeado ó Premio Oscar, The Piano. Outros notábeis papeis no cine neozelandés foron Once Were Warriors, Desperate Remedies, River Queen e Whale Rider.

Dende entón, apareceu en filmes como Blow, Bringing Out the Dead, Sunshine, e Push, en 2009.

En 2004, xunto co produtor Ainsley Gardiner, formou a produtora de cine independente Whenua Films. Os obxectivos da empresa son apoiar o crecemento dos actores indíxenas neozelandeses, e ser solidario cos cineastas locais de curtametraxes.

No filme de M. Night Shyamalan, The Last Airbender, estreado en 2010, interpretou ó Señor do Lume Ozai.

[editar] Filmografía

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas