Día de adestramento
| Día de adestramento | |
|---|---|
| Título orixinal | Training Day |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Antoine Fuqua |
| Produtor | Bruce Berman Davis Guggenheim |
| Guión | David Ayer |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Denzel Washington Ethan Hawke Scott Glenn Eva Mendes |
| Música | Mark Mancina |
| Fotografía | Mauro Fiore |
| Montaxe | Conrad Buff IV |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | |
| Ano | 2001 |
| Duración | 120 min. |
| País | |
| Xénero | Acción |
| Orzamento | |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
Día de adestramento (Training Day en inglés) é unha película de 2001 dirixida por Antoine Fuqua. Os actores principais son Denzel Washington e Ethan Hawke. Toda a película ten lugar na cidade dos Ánxeles durante un período de 24 horas que cambiará a vida de ambos policías. A historia foi escrita por David Ayer.
Fuqua quería que a película parecera o máis auténtica posible, así que elixiu varias localizacións nalgúns dos barrios máis problemáticos dos Ánxeles, como pode ser Imperial Courts. Ademais contou co asesoramento técnico de dous policías, Michael Patterson e Paul Lozada.
Denzel Washington gañou o Oscar ao mellor actor no 2002 por este filme. Ethan Hawke foi candidato ao premio na categoría de mellor actor de reparto.
Argumento[editar]
Alonzo Harris, un policía dos Ánxeles moi condecorado pero corrupto, ten como nuevo compañeiro a Jake Hoyt, un novo axente que desexa chegar a inspector a través da unidade de axentes de estupefacientes. Ás ordes de Alonzo vivirá un auténtico adestramento de vinte e catro horas polas rúas dos Ánxeles.