Clangor
A Clangor foi unha discoteca de Santiago de Compostela. Estaba situada no lugar da Ponte da Rocha, ao suroeste da cidade e bastante afastada do centro urbano.
Historia[editar]
A discoteca foi aberta na década de 1980 e foi dirixida por Fernando Pereira e o seu irmán. Ademais da súa función como sala de festas e de baile, tamén organizaba concertos, como os de Godfathers, Ten Years After ou Loquillo y los trogloditas[1].
O 11 de outubro de 1990 o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive cometeu un atentado con bomba contra a discoteca. Os terroristas alegaban que a sala era un centro de narcotráfico[2]. No atentado morreron tres persoas: unha estudante que estaba na discoteca e os dous terroristas, Xosé Ignacio Villar Regueiro e Dolores Castro Lama. Resultaron feridas 49 persoas[3], algunhas delas de gravidade. Segundo os terroristas, os explosivos deberían estourar ao remate da noite, cando a discoteca estivese pechada[4], pero a acción dos altofalantes provocou a súa detonación anticipada.
Cultura[editar]
Existe un guión cinematográfico sobre a historia que aínda non se formalizou en película[5].
Notas[editar]
- ↑ "Discoteca Clangor, proyecto de película", La Ganzúa, 6 de novembro de 2008 (en castelán).
- ↑ "La ofensiva «guerrilleira» siembra el temor entre los narcotraficantes gallegos", artigo en El País, 13 de outubro de 1990
- ↑ "Tres muertos y 49 heridos en una ofensiva del terrorismo gallego dirigida contra los 'narcos'", El País 12 de outubro de 1990
- ↑ "La policía da por muerto al 'Exército Guerrilheiro' diez años después de su último golpe", La Voz de Galicia, 11 de novembro de 2000
- ↑ Clangor, Axencia Audiovisual Galega