Dolores Castro Lama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDolores Castro Lama
Biografía
Morte11 de outubro de 1990 Editar o valor em Wikidata
A Ponte da Rocha, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Membro de

María Dolores Castro Lama, finada na Ponte da Rocha o 11 de outubro de 1990,[1] foi unha militante independentista galega que foi un membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Atentado na discoteca Clangor[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Atentado da discoteca Clangor.

Na madrugada do xoves 11 ao venres 12 de outubro de 1990, Castro Lama participou nun atentado con bomba na discoteca Clangor xunto con Xosé Ignacio Villar Regueiro.[3] Tratábase dun dos locais de lecer nocturno máis populares da cidade universitaria de Santiago. Os terroristas alegaron que a sala era un centro de narcotráfico.[4]

Como consecuencia da explosión, faleceu a viguesa Mercedes Domínguez Rodríguez, estudante de 26 anos, así como Villar Regueiro e Castro Lama, os autores materiais do atentado.[5] Houbo 49 feridos, entre clientes e empregados, cinco deles de gravidade. O local quedou gravemente danado polo artefacto.

Segundo os terroristas, os explosivos deberían estourar ao remate da noite, cando a discoteca estivese pechada,[6] mais a acción dos altofalantes provocou a súa detonación anticipada.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. José Luis Orella (2020). Universidad CEU San Pablo, ed. "El terrorismo en la Europa del bienestar. Del Mayo del 68 a la caída del Muro" (PDF). Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  2. Hermida, Xosé (12 de outubro de 1990). "Tres muertos y 49 heridos en una ofensiva del terrorismo gallego dirigida contra los narcos". El País. Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  3. Atlántico (2021-11-14). "Seis vigueses han muerto víctimas de atentados terroristas". Atlántico (en castelán). Consultado o 2023-03-12. 
  4. "La ofensiva «guerrilleira» siembra el temor entre los narcotraficantes gallegos", artigo en El País, 13 de outubro de 1990
  5. "María Mercedes Domínguez Rodríguez". Mapa del terror (en castelán). Consultado o 2023-03-12. 
  6. "La policía da por muerto al 'Exército Guerrilheiro' diez años después de su último golpe Arquivado 09/10/2010, en Wayback Machine.", La Voz de Galicia, 11 de novembro de 2000
  7. "El presunto «guerrilheiro» muerto vivía en Culleredo y tenía un hijo de meses" (PDF). La Voz de Galicia. 12 de outubro de 1990. Consultado o 6 de outubro de 2023.