Ciencia patolóxica
Denomínase ciencia patolóxica a calquera proceso na ciencia no cal engánase á xente con resultados falsos debido a efectos subxectivos, pensamento desiderativo, ou interaccións sen base real.
Índice |
[editar] Definición
O termo foi utilizado por primeira vez por Irving Langmuir, químico gañador do premio Nobel, durante un coloquio en 1953 no Laboratorio de Investigación Knolls.
Langmuir dixo que a ciencia patolóxica es unha área de investigación que simplemente non desaparece, aínda despois de ser abandonada e tida como "falsa" pola maioría dos científicos do campo correspondente. Chamou ciencia patolóxica á "ciencia das cousas que non son tales".[1] [2]
Segundo a definición de Langmuir, é un proceso psicolóxico no que un científico, que orixinalmente se axustara ao método científico, inconscientemente desvíase del, e comeza un proceso patolóxico da interpretación de datos ilusorios (máxicos).[3]
Langmuir nunca tivo a intención de que o termo fora rigorosamente definido, senón que simplemente comezou como o título da súa charla sobre algúns exemplos de ciencia rara.
Ao igual que con calquera intento de definir a actividade científica, sempre se poden encontrar exemplos e contraexemplos.
[editar] Características
Algunhas das características da ciencia patolóxica son:
-
- O efecto observábel máximo prodúcese por un axente causante de intensidade a penas perceptíbel, e a magnitude do efecto é substancialmente independente da intensidade da causa.
- A magnitude do efecto está próxima ao límite da detectabilidade, ou son necesarias moitas medidas debido á baixa significación estatística dos resultados.
- Propóñense teorías fantásticas contrarias á experiencia.
- As críticas resólvense con escusas ad hoc.
[editar] Uso do termo
Bart Simon inclúe entre as prácticas que pretenden ser ciencia categorías como: pseudociencia, afeccionados á ciencia ou ciencia amateur, ciencia fraudulenta, mala ciencia, ciencia lixo, ciencia popular, ciencias ocultas ou esotéricas, entre outras.[4]
Exemplos de ciencias patolóxicas poden ser, entre outras, "as canles de Marte", os raios N, poliauga, memoria da auga e a fusión fría. As teorías e as conclusións de todos estes exemplos son rexeitadas pola maioría dos científicos, con só un pequeno número de excepcións.
Henry H. Bauer, profesor emérito en estudos de química e defensor da controvertida negación da SIDA, criticou o termo dicindo que a ciencia patolóxica "non é unha mala conduta científica (nin tampouco é patolóxica)", e que carece de xustificación para o entendemento contemporáneo de estudos de ciencias como historia, filosofía e socioloxía da ciencia, polo que serían horas de abandonar a frase.[5]
[editar] Notas
| Este artigo precisa dunha tradución ao galego. A súa axuda é benvida. Se este artigo non se traduce nun prazo de trinta días, pasará á lista de páxinas para borrar. Colabore connosco para que a Galipedia mellore e medre. |
- ↑ Irving Langmuir, "Colloquium on Pathological Science", held at The Knolls Research Laboratory, December 18, 1953. A recording of the actual talk was made, but apparently lost, though a recorded transcript was produced by Langmuir a few months later. A transcript is available on the Web site of Kenneth Steiglitz, Professor of Computer Science, Princeton University. But see also: I. Langmuir, "Pathological Science", General Electric, (Distribution Unit, Bldg. 5, Room 345, Research and Development Center, P. O. Box 8, Schenectady, NY 12301), 68-C-035 (1968); I. Langmuir, "Pathological Science", (1989) Physics Today, Volume 42, Issue 10, October 1989, pp.36–48
- ↑ "Threshold interaction" refers to a phenomenon in statistical analysis where unforeseen relationships between input variables may cause unanticipated results. For example, see Dusseldorp, Voorjaarsbijeenkomst 2005
- ↑ Robert L. Park (2000), Voodoo Science: The Road from Foolishness to Fraud, Oxford University Press.
- ↑ Bart Simon, "Undead Science: Science Studies and the Afterlife of Cold Fusion" (2002) ISBN 0-8135-3154-3. Simon refers to: Thomas F. Gieryn, "Cultural Boundaries of Science: Credibility on the Line" (1999) University Of Chicago Press, ISBN 0-226-29262-2
- ↑ Henry H. Bauer, "'Pathological Science' is not Scientific Misconduct (nor is it pathological)" HYLE—International Journal for Philosophy of Chemistry, Vol. 8, No.1 (2002), pp. 5–20
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Langmuir, I. & R. N. Hall., "Pathological Science". 18 de decembro de 1953. Colloquium at The Knolls Research Laboratory. (en inglés) Consultada o 26-07-2011.
- Langmuir, Irving, & R. N. Hall. "Pathological science". Physics Today, 42 (10): 36–48 (1989).
- Turro, Nicholas J., "Toward a general theory of pathological science" Strange Science (en inglés). Consultada o 26-07-2011.
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Carroll, Robert Todd, "pathological science". The Skeptic's Dictionary. (en inglés) Consultada o 26-07-2011.
- Biberian, Jean-Paul (2007). "Condensed Matter Nuclear Science (Cold Fusion): An Update" 3 (1): 31–43. DOI: 10.1504/IJNEST.2007.012439. (en inglés) Consultada o 26-07-2011.
- Wallace, Bryan G., "Pathological Physics". St. Petersburg, FL. (en inglés) Consultada o 26-07-2011.