Armiño (heráldica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Bretaña, co campo cuberto de armiños.

O armiño é un forro heráldico.

Segundo a tradición e a mitoloxía, o primeiro en utilizar os armiños en heráldica, foi Bruto, fillo de Silvio, neto de Ascanio e bizneto de Eneas.

Cando Bruto desembarcou en Francia, atopou sobre o seu escudo un armiño e interpretouno como vaticinio da súa futura vitoria. Cambiou nese momento as súas armas, (un león dragonado), e coas súas novas armas, conquistou aquelas terras, que chamaron Brutania na súa honra. Co paso do tempo, aquel nome, evolucionou ó actual de Bretaña.

Representación[editar | editar a fonte]

En heráldica coñécense baixo o nome de armiño dous forros distintos:

  • Armiños
  • Contraarmiños

Cando a categoría e un dos seus elementos teñen o mesmo nome debemos acudir ó contexto para distinguir a cal dos dous se refire o autor.

O armiño represéntase como un fondo branco, con "colas" negras, mentres que o contraarmiño é o seu negativo; un fondo negro con colas brancas. Os armiños son uns animais da magnitude dunha denociña ou rata co pelo branco e moi suave, que ten a extremidade da cola negra coa que se fai un forro moi aprezado. Os comerciantes desta especie combínanas con pequenos anacos pel de cordeiro negro para facelas máis vistosas e por iso chámase en armería armiños ó campo branco sementado destas pequenas manchas negras, que parecen estar feitas das puntas das colas deste animal.

Significado[editar | editar a fonte]

Representación dun escudo co campo cuberto de contraarmiños.

Algúns expertos din que o nome armiño pode derivar de Armenia, rexión de Asia, onde os seus naturais comerciaban moito con estas peles por ser moi comúns naquel país. Algúns din que significan os armiños en heráldica a inclinación divagante que teñen os homes a ir por mar e terra, propensión que atribúen ós bretóns ou ingleses e que por iso o teñen por armas. Tamén se di que representa a pureza polo exemplar da princesa Hermiona de Bretaña, que acusada de incontinencia, declarándose despois o contrario, tomou por armas os armiños en símbolo da súa pureza.[1]

Fernando V, rei de Aragón, cando botou da Calabria ó duque de Lorena, descuberta a conspiración do príncipe de Resana o seu parente, con que quedou posuidor do reino de Nápoles, instituíu unha orde de Cabalaría do Armiño dando ós cabaleiros del un colar de ouro cun armiño pendente e por divisa o epígrafe: Malo mori quam faedari para mostrar ós cabaleiros del que primeiro se debe morrer que faltar á fidelidade do seu príncipe. Este e outros exemplares, como o uso de traelos por forros nos seus vestidos só os gobernadores e persoas de representación, deu tamén motivo a algúns para ter os armiños por símbolo de dignidade.[1]

Brasonando un escudo, dise en heráldica trae de armiños e na diferenza de ser un escudo grande ou pequeno, ponse sete, once e até dezaséis, formándose da magnitude que parece cómoda e non sendo necesario contar as manchas, como afán algúns heraldos. Basta dicir simplemente mosqueado de tantas pezas cando non chega o seu número a sete e uns fanos dunha maneira e outros doutra, no que non hai reparo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Tratado de heráldica y blasón, Francisco Piferrer, 1858

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

1. Heráldica
heráldica - terminoloxía da heráldica - escudo - armorial
2. Divisións do escudo
puntos, lugares ou situacións no campo: xefe - cantón - abismo - punta - pau - barra - banda - faixa | particións do campo
2.1. Fondos
fondo - esmalte - estaño | ouro - prata | sable - azur - goles - sinople | aceiro - alaranxado - púrpura - sanguíneo - leonado
2.2. Forros
forro | armiño - veiro
3. Figuras, cargas ou carganzas
pezas e mobles / sotuer - chevrón | aguia - león - lobo - oso: rampante - parlante - pasmado