Charles Francis Richter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charles Francis Richter

Charles Francis Richter, nado en Hamilton, Ohio o 26 de abril de 1900 e falecido en Altadena, California o 30 de setembro de 1985, foi un sismólogo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deu nome á famosa escala sísmica para medir a intensidade dos terremotos. A diferenza da escala Mercalli, a escala Richter non se basea nos efectos finais e de aí humanamente relativos do tremor (método empírico), senón na súa magnitude, é dicir sobre a enerxía liberada. Tal escala carece de subdivisións en graos absolutos e carece de límite inferior ou superior.

A nova escala comezou a usarse en 1935.

En 1956, con Beno Gutenberg (1889-1960), demostra que a magnitude 0 corresponde aproximadamente a 104 Joules, en tanto a magnitude 9 equivale a 1017 Joules.