Chaleco salvavidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Home levando un chaleco salvavidas.

Un chaleco salvavidas é o obxecto deseñado para manter o corpo dunha persoa na superficie e a súa cabeza por encima do auga, xa sexa consciente ou inconsciente, principalmente usado en piscinas, ríos, lagos e océanos. O seu deseño cambia segundo o grado de protección requirido e do tamaño da superficie a protexer. Está deseñado para que dea a volta a unha persoa inconsciente que estea boca abaixo no auga.

A súa flotabilidade pode ser permanente (grazas ao reencho de cortiza ou materiais plásticos) ou inchábeis. As máis usadas e fiables son as primeiras, pero as inchábeis ofrecen a vantaxe, dada a súa maior comodidade, de poder levalo posto e facer traballos a bordo, este feito é especialmente importante cando hai un gran risco de caer ao auga , como pode ser en barcos de pesca.

Os chalecos salvavidas inchábeis constan de dous compartimentos independentes que se poden inflar de tres formas: automaticamente cando se mergulla dentro do auga, activando o sistema manualmente e insuflando aire mediante uns tubos. Nos dous primeiros casos entra un gas que provén dunhas botellas presurizadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]