Chaka Khan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chaka Khan

Chaka Khan, cantante estadounidense nacida en Great Lakes, Illinois o 23 de marzo de 1953 co nome de Yvette Marie Stevens. Na súa mocidade colabora co programa de almorzos gratuítos para nenos dos Panteras Negras. É nesa época cando toma o nome de Chaka, en homenaxe a figuras históricas da negritude como Chaka Bey ou Shaka dos zulús. Despois de abandonar a escola en 1969 pasará por distintos grupos até que coñece a Kevin Murphy e André Fisher e deciden formar o grupo Rufus. Nese anos casa co baixista Hassam Khan, adoptando o seu apelido.

Rufus debuta en 1973 e ten un rápido éxito na escena funk da época. Cando se separan en 1978 teñen na súa conta media ducia de álbums de ouro ou de platino.

A partir de 1978 Chaka Khan comeza a súa carreira en solitario co hit "I'm Every Woman". Dende entón a súa carreira atinxiu multitude de estilos como o funk, disco, jazz, hip hop, pop e blues.

Discografía en solitario[editar | editar a fonte]

  • 1978 Chaka
  • 1980 Naughty
  • 1981 What Cha' Gonna Do For Me
  • 1982 Echoes Of An Era
  • 1982 Chaka Khan
  • 1984 I Feel For You
  • 1986 Destiny
  • 1988 C.K.
  • 1989 Life Is A Dance: The Remix Project
  • 1999 The Woman I Am
  • 1995 Dare You To Love Me
  • 1996 Epiphany: The Best Of Chaka Khan Vol.1
  • 1998 Come 2 My House
  • 1999 Dance Classics Of Chaka Khan (Edición só para o Xapón)
  • 2004 ClassiKhan
  • 2006 The Platinum Collection
  • 2007 Funk This