Cesáreo Briones Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCesáreo Briones Varela
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Tafalla, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de abril de 1968 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsArturo Briones Varela Editar o valor em Wikidata

Cesáreo Briones Varela, nado en Tafalla o 1 de setembro de 1904 e finado en Santiago de Compostela o 18 de abril de 1968, foi un practicante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Arturo Briones Saenz, Tenente Coronel do Rexemento de Zaragoza, e irmán de Arturo Briones Varela. Estudou o bacharelato no Instituto de Santiago. Alumno de Ciencias (1923-1925) e Medicina (1923-1935) na Universidade de Santiago de Compostela e fixo amizade con Antonio Ramos Varela[1], desde 1928 deu clases a estudantes de bacharelato na Academia Gelmírez. Durante a Segunda República foi militante anarquista, sendo un dos fundadores do Sindicato de Sanidade da CNT en 1931 e do Ateneo Libertario de Santiago en 1932, e director da Biblioteca Circulante Comunista-Libertaria. Frecuentaba con Antonio Ramos Varela, tamén anarquista, Santiago Montero Díaz, Gonzalo Torrente Ballester e outros intelectuais, o parladoiro do “Café Español”. En 1934 foi detido varias veces pola súa actividade política.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte Pedroso en compañía de Antonio Ramos, Luís García Pazos e Cándido Sánchez Rodríguez. Despois escondeuse na súa propia casa. Sabendo que andaban na súa procura para pasealo, presentouse ao xefe da Falanxe santiaguesa dicíndolle que era amigo de Santiago Montero Díaz. Protexido por un militar franquista, pasou a Portugal o 7 de outubro, estivo preso en Porto, logrou marchar a París e, finalmente chegar a Bilbao para loitar contra o bando franquista en Asturias. Coa caída da fronte Norte a finais de 1937 foi detido en Trubia e encerrado nun campo de concentración en Luarca. Foi xulgado en Compostela en marzo de 1938. No xuízo foi avalado por falanxistas como Santiago Montero Díaz, Gonzalo Torrente Ballester, Eduardo Paz Santás, Manuel López e José María Castroviejo. Foi condenado a cadea perpetua. Compartiu prisión con Antonio Ramos. Foi liberado en 1941. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[2]

Rexentou unha academia privada en Compostela. Interesado pola filosofía alemá. Casou con Sofía Cabana López, viúva de Marcelino Pasín Noya que fora asasinado polos franquistas. Foi amigo do anarquista Francisco Lorenzo, dono da taberna onde se reunían, que axudou a Ramos e a Briones, incluso á familia deste.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cando Antonio morreu en 1945, Cesáreo custodiou o seu legado.
  2. BOE, 21-4-1941, p. 1556.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]