Eliseo Fernández Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eliseo Fernández Fernández, nado en Ferrol en 1967, é un historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Biblioteconomía e Documentación, é membro e colaborador do Ateneu Libertário Francisco Iturralde de Ferrol e do Ateneu Libertário Ricardo Mella da Coruña. Colaborou coa Fundación Aurora Intermitente de Madrid, na clasificación dos seus fondos hemerográficos e arquivísticos, así como coa Fundación Anselmo Lorenzo de Madrid na catalogación dos seus fondos hemerográficos. Entre as súas áreas de interese están o anarquismo e anarcosindicalismo en Galiza, os anarquistas galegos na emigración e o exilio, e as bibliotecas obreiras.

Obra[editar | editar a fonte]