Certosa di Padula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parque nacional de Cilento e Vallo de Diano coas zonas arqueolóxicas de Paestum e Velia, e mailo mosteiro de Padula
Mosteiro de Padua
Certosa di Padula en Italia
Certosa di Padula
Certosa di Padula
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísItalia Italia
Localización40°25′20″N 15°0′19″L / 40.42222, -15.00528
TipoCultural
CriteriosIII, IV
Inscrición1998 (22ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador842

A Cartuxa de Padula, en italiano Certosa di Padula (ou Certosa di San Lorenzo di Padula), é un gran mosteiro cartuxo, ou cartuxa, situada na localidade de Padula, no Parque Nacional do Cilento, no Sur de Italia. É Patrimonio da Humanidade.

O mosteiro é o máis grande de Italia. A súa historia de construción abrangue 450 anos, pero as partes principais dos edificios son de estilo Barroco. É un mosteiro moi grande, que comprende 51.500 m², con 320 cuartos e salóns.

Historia[editar | editar a fonte]

A Cartuxa de Padula fundouna Tommaso di San Severino o 27 de abril de 1306 no sitio dun mosteiro anterior. Está adicado a San Lourenzo, e a súa estrutura arquitectónica supostamente recorda a unha grella sobre a que queimaron vivo ao santo.

Fachada do mosteiro

O mosteiro ten o claustro máis grande do mundo, cunha extensión de 12.000 m² está rodeado por 84 columnas. Unha famosa escaleira de caracol de mármore branco dentro dun anexo conduce á gran biblioteca.

Segundo a estrita distinción cartuxa entre contemplación e traballo, hai dous lugares distintos para estas prácticas: por unha banda os pacíficos claustros, a biblioteca co seu fino pavimento de baldosas cerámicas de Vietri, as capelas decoradas con finas obras de mármore incrustadas. Os frontais dos altares da maioría das capelas están incrustados, non con mármore, senón con algunhas das máis espectaculares obras de escaiola do século XVIII. Esta é a maior concentración deste tipo de traballo nun só lugar. Un dos centros de produción estaba en Nápoles outro nas hortas do claustro e por outro a gran cociña,[1] as adegas coas súas enormes cubas de viño, os lavadoiros e os enormes patios exteriores, onde había xente traballando nas cuadras, nos fornos, nas tendas e no muíño de aceite. Os estaleiros foron empregados para actividades produtivas e para o comercio entre a cartuxa e o mundo exterior.

O mosteiro tamén alberga o museo arqueolóxico da Lucania Occidental, que conserva unha colección de todos os achados desenterrados nas escavacións na necrópole de Sala Consilina e Padula. Este museo representa un período de tempo que vai dende a protohistoria ata a Período helenístico.

O edificio tamén xogou un papel na historia militar de Italia. Serviu como cuartel xeral francés durante as Guerras napoleónicas, logo como base do exército do sur de Garibaldi durante o Risorgimento, finalmente, como campo de internamento para prisioneiros durante a primeira e a segunda guerra mundial. Foi aquí onde se estableceu a Lexión Checoslovaca en Italia en 1917.

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. "More info on the legendary thousand egg omelette cooked for Charles V". Arquivado dende o orixinal o 2010-09-09. Consultado o 2009-10-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]