Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro")
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (ou CIRP, da antiga denominación) é un organismo investigador dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria no que se desenvolven diferentes proxectos a prol da lingua e a cultura galegas.
Foi fundado en 1993 [1] baixo o nome de Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, designación que foi modificada en 1997 [2] pola que detenta na actualidade.
Entre os proxectos que desenvolve cómpre destacar:
- Proxecto Termigal: centro terminolóxico do galego onde se investiga a terminoloxía de certos campos e os galegos poden tamén facer consultas (teléfono: 981542653);
- Proxecto de Fraseoloxía: o equipo dirixido por Xesús Ferro Ruibal pon en marcha os monográficos e a revista Cadernos de Fraseoloxía Galega, xa polo número 12 (2010);
- Proxecto Corga (Corpus de Referencia do Galego Actual);
- Proxecto Dicionario de literatura;
- Proxecto Dicionario de termos literarios;
- Proxecto de Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos;
- Proxecto de Dimensións da identidade colectiva en Galicia;
- Proxecto de Informes anuais de literatura;
- Proxecto de Cantigas de Santa María;
- Proxecto de Investigación e estudo do galego exterior;
O centro está localizado na estrada de Santiago de Compostela a Noia, km. 3, A Barcia - Lamas de Laraño, Santiago de Compostela. No mesmo recinto tamén está a Escola Superior de Hostalería de Galicia.