Víctor Moro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Víctor Moro Rodríguez, nado o 25 de abril de 1926 en Ribadeo, é un político e economista galego.

Índice

[editar] Traxectoria

[editar] Economista

Empezou a súa carreira como economista vencellado ao Banco de España, onde entra como técnico en 1948. Ascende a interventor aos dous anos, na delegación de Murcia, e de aí marcha á empresa privada para ser director xeral de Pescanova en (1962). Logo do paso pola política, regresa ao Banco de España como director da sede de Barcelona (1980) e posteriormente, en 1989, subdirector xeral nas oficinas centrais de Madrid.

Tamén formou parte do consello de administración de Unión Fenosa.

[editar] Político

A súa carreira como político comeza ao remate do franquismo, cando é nomeado director xeral de Pesca Marítima dentro do Ministerio de Comercio que dirixía Leopoldo Calvo Sotelo. Membro da Xunta Democrática, en 1977 saíu elixido como deputado pola provincia de Pontevedra nas filas da UCD, e ocupa o escano durante dous anos, ata o remate de 1978. Durante ese tempo ocupa o cargo de subsecretario xeral de Pesca e da Mariña Mercante no Ministerio de Transportes e Comunicacións.

En 1979 encabeza a candidatura da UCD ao concello de Vigo e vence nas eleccións. Porén, o pacto leva a Manoel Soto Ferreiro á alcaldía e senta a Moro como líder da oposición municipal. Deixa a política en 1980 por uns anos, e regresa como membro de Coalición Galega e durante uns meses o líder da formación, posto do que demitiu en 1984.

[editar] Premios

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas