Catherine Labouré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Catherine Labouré, nada en Fain-lès-Moutiers (Borgoña) o 2 de maio de 1806 e finada o 31 de decembro de 1876, foi unha relixiosa francesa, nomeada santa pola Igrexa Católica Romana, segundo a cal foi testemuña das aparicións da Virxe María na rue du Bac en París. Deu orixe á medalla milagrosa levada por moitas persoas católicas na actualidade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a oitava dos dez fillos do granxeiro Pierre Labouré. Cando Catherine tiña nove anos, a súa nai morreu. A irmá de Pierre suxeriulle que coidara ós dous nenos máis novos, Catherine e Tonine, e despois de que ela aceptase, os irmáns foron á casa da súa tía en Sant-Rémy, unha aldea a 9 km do seu fogar. Converteuse en membro da Congregación das Fillas da Caridade, unha orde co oficio de enfermeiras que fundara por San Vincente de Paul. Extremadamente devota, dunha natureza algo romántica, dada ás visións e premonicións.

Catherine indicou que na noite do 19 de xullo de 1830, na festa de San Vincente de Paul, espertou logo de oír unha voz dun neno que a chamaba á capela, onde ela oíu a Virxe María dicirlle: "Deus desexa encargarche unha misión. Non te crerán, pero non temas; ti terás a graza para facer o que é necesario. Dille ó teu director espiritual todo que pasa dentro de ti. Os tempos son malvados en Francia e no mundo."

O 27 de novembro de 1830, Catherine divulgou que a Virxe María volvera durante meditacións da tarde, que aparecera dentro dun marco oval, parada sobre un globo, usando moitos aneis de diversas cores, de onde saían raios da luz sobre o globo. Arredor apareceron as palabras "Oh María, sen pecado concibido, roga por nós que acudimos a ti".