Casa de Moeda de Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa de Moeda de Colombia.

A Casa de Moeda de Colombia foi unha ceca, fundada polo enxeñeiro militar español Alonso Turrillo de Yebra no século XVII. No presente, alberga a colección numismática e de arte do Banco da República. Atópase na rúa 11 con carreira 4, no barrio colonial de La Candelaria no centro de Bogotá. En 1975 foi declarada monumento nacional.

Historia da Casa[editar | editar a fonte]

Alonso Turrillo de Yebra chegou en 1621 con ordenanzas reais que o acreditaban para crear a primeira casa de moeda no Novo Reino de Granada, e para iso, alugou unha casa baixa no barrio de La Candelaria da actual Bogotá para iniciar os labores de amoedación na que, de maneira artesanal se elaboraron entre outras, as primeiras maquinas de ouro de América, coñecidas como dobróns.

Case medio século despois durante o reinado de Fernando VI, a Casa amplíase para albergar as novas máquinas e a produción mecanízase para elaborar pezas circulares e de mellor factura. En 1756 o vicerrei Solís reinaugura a Casa, como pode lerse no friso da súa portada de pedra. A estrutura física da casa expándese e transforma a través de trescentos cincuenta anos en varias oportunidades. Dende os anos setenta do século XX realizáronse no claustro colonial obras de recuperación das súas características arquitectónicas orixinais que culminan en 1982. Na mostra numismática ilústranse varios aspectos que teñen relación directa coa moeda e a historia do inmoble e as súas diversas intervencións arquitectónicas.

Actualmente na Casa de Moeda o visitante poderá atopar, de maneira permanente, as exposicións das coleccións de arte e numismática do Banco da República, e varias salas de exposicións temporais.

A casa da moeda foi declarada Monumento Nacional de Colombia polo decreto 1584 do 11 de agosto de 1975.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bienes de yInterés Cultural" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de agosto de 2013. Consultado o 31 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]