Casa de Mark Twain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°46′02″N 72°42′02″O / 41.76722, -72.70056

Casa de Mark Twain
Casa e Museo de Mark Twain.
Coordenadas41°46′02″N 72°42′02″O / 41.76722, -72.70056
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
CidadeHartford, Connecticut
ConstruciónGótico
Inauguración29 de decembro de 1962[1]
Na rede
http://www.marktwainhouse.org/
Facebook: MarkTwainHouse Twitter: twainhouse Instagram: themarktwainhouse Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Casa e Museo de Mark Twain foi o fogar de Mark Twain (cuxo nome verdadeiro foi Samuel Langhorne Clemens) desde 1874 até 1891 en Hartford, Connecticut, Estados Unidos. Antes de 1871, momento en que se trasladaron a Hartford, Twain viviu en Hannibal, Missouri. A casa, de dezanove habitacións, é de estilo gótico vitoriano.

O lugar destaca por ser onde se escribiron as principais obras do autor, incluídas The Adventures of Tom Sawyer, The Prince and the Pauper, Life on the Mississippi, As aventuras de Huckleberry Finn, A Tramp Abroad, e A Connecticut Yankee in King Arthur's Court.

Os malos investimentos das súas finanzas provocaron que a familia Twain se mudara a Europa en 1891.[2] Cando regresaron a Connecticut en 1900, Twain viviu nunha casa construída para el en Stormfield, onde morreu o 21 de abril de 1910.

A casa en Hartford funcionou como escola, edificio de apartamentos e biblioteca. En 1962 foi declarada Lugar Histórico Nacional dos Estados Unidos.[1][3] Desde 1974 realizóuselle unha restauración multimillonaria e unha ampliación adicada a servir como exposición da vida e obra de Mark Twain.

Primeiros anos na casa[editar | editar a fonte]

A biblioteca ten paneis gravados a man, unha cheminea da India, papel tapiz en relevo e unha enorme repisa tallada que os Twain adquiriron en Escocia.

Mark Twain mudouse a Hartford en 1871 e adquiriu a súa nova casa ao norte da cidade para estar máis preto do seu editor, a American Publishing Company.[4] Xa en Hartford, Twain dixo que «de todos os belos pobos que tiven a fortuna de ver, este é o mellor... Se non saben o que é a beleza é porque non estiveron aquí».[5] Mentres se atopaban en Connecticut, a familia sinalou que «[a casa] tiña corazón, alma e ollos cos que vernos».

No piso superior achábase o cuarto de billar e o estudo privado de Twain, onde escribiría tarde polas noites. Ninguén tiña permitido entrar á habitación salvo o persoal de limpeza. O cuarto tamén era empregado como salón para que os hóspedes varóns gozaran dun cigarro e licor. Twain dixera: «Debería haber unha habitación nesta casa onde se poida maldicir» e «É perigoso ter que reprimir unha emoción semellante».

Os nenos tiñan o seu propio espazo, coa súa propia gardaría e unha sala de xogos/aula de clases. Twain xogaba cos seus fillos no xardín de inverno, e finxía ser un elefante durante un safari imaxinario. O escritor sinalou que a casa «era nosa, e albergabamonos na súa seguridade e viviamos na súa graza e na paz da súa bendición».[6]

Twain adoraba esta casa, en parte porque alí coñeceu a varios autores que eran os seus veciños, como Harriet Beecher Stowe (quen vivía na casa contigua) e Isabella Beecher Hooker.[7] Ademais, estaba situada nun lugar que lle permitía realizar visitas ao seu amigo o actor William Gillette no Castelo Gillette (actualmente o parque estatal do Castelo Gillette).

En 1881, grazas ao éxito de Tom Sawyer, Twain fixo que Louis Comfort Tiffany supervisase a decoración interna da casa.[8] Twain tamén estaba fascinado polas novas tecnoloxías, o que levou á instalación dun dos primeiros teléfonos no vestíbulo.[9] Ese mesmo ano, Twain fundou a firma Charles L. Webster & Company, que publicou os seus traballos xunto coas memorias de Ulysses S. Grant.[10]

A compañía crebou en 1894 debido á aparición da máquina de escribir automática, e Twain quedou moi endebedado.[10] Tras soportar varios embates bancarios e perdas provocadas polo investimento nunha máquina de escribir, os Twain mudáronse a Europa en 1891, onde o custo de vida era máis baixo.[7]

Twain comezou a dar conferencias ao longo do continente para recuperar algo de diñeiro, pero a traxedia evitou o seu regreso á casa. En 1893 a compañía editorial de Twain entrou en bancarrota, Susy Clemens (a súa filla) morreu de meninxite en 1896 logo dunha visita a Hartford e Olivia (a súa esposa) negouse a volver á casa.[6] Esta foi vendida en 1903.[7]

Arquitectura e construción[editar | editar a fonte]

A casa foi deseñada por Edward Tuckerman Potter, un arquitecto de Nova York.[11] Mentres lla construía, o Daily Times de Hartford publicou que «a novidade presente na arquitectura do edificio, a rareza da súa disposición interna e a fama do seu propietario conspirarán para convertela nunha casa de renome durante un longo tempo por vir».[7] O custo total da casa foi de US$40.000, que foron pagados da herdanza da Sra. Clemens.[7]

A casa foi edificada sobre 1,4 hectáreas de terra e deseñada con sete dormitorios, sete baños, unha estancia para a carruaxe e un xardín de inverno que ocupaba toda unha planta.[2]

Post-Twain[editar | editar a fonte]

En 1905 a casa sufriu grandes reparacións, aínda que tamén foi alterada significativamente e desviouse do seu deseño orixinal. Isto provocou unha gran conmoción na clase intelectual de Missouri.. Tamén foron modificadas as chemineas e os ladrillos á vista. A casa foi utilizada como residencia privada, escola de homes e edificio de apartamentos.

En 1929, un grupo de preservacionistas, os Amigos de Hartford, fundou a Comisión do Museo e Biblioteca de Mark Twain, adquiriu o edificio para impedir a súa demolición e alugou a planta baixa para cubrir os gastos.[12] Durante este período, agregáronse novas portas ao lugar, desviándose aínda máis do seu deseño orixinario. A casa foi restaurada nos anos 1950 e declarada Lugar Histórico Nacional dos Estados Unidos en 1963.[7]

A casa abriuse ao público como museo nos anos 1960. O proceso de saldar a hipoteca, reunir diñeiro para restaurar a propiedade en deterioración, e recuperar obxectos, mobiliario e posesións persoais levou moitas décadas e concluíu en 1974, xusto a tempo para celebrar o 100º aniversario do edificio.[7] A casa obtivo o premio David E. Finley en 1977 por "restauración exemplar", que foi outorgado polo National Trust for Historic Preservation.[13]

Últimas restauracións[editar | editar a fonte]

Vestíbulo e escaleira principal. Parte da restauración foi pagada por dúas subvencións federais da Save America's Treasures que totalizaron US$3 millóns. Para a restauración tamén se empregou un sistema de análise por computadora.[14]

Na actualidade o lugar alberga 50.000 obxectos: manuscritos, fotografías históricas, mobiliario da familia e vidros Tiffany. Gran parte dos mobles orixinais, que inclúen a cama veneciana ornamentada de Twain, unha repisa exquisitamente gravada proveniente dun castelo escocés, e unha mesa de billar consérvanse na casa.[15] A fundación Aetna doou US$500.000 a unha campaña de recadación de fondos para a Casa.[16] A National Endowment for the Humanities tamén realizou unha doazón de US$800.000 en contrapartida por programas de desenvolvemento para mestres, un concurso de traballos de alumnos e un sitio educativo en Internet.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Mark Twain House". Listado resumen de los Lugares Históricos Nacionales de los Estados Unidos. National Park Service. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2007. Consultado o 09 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Haas, Irvin. Historic Homes of American Authors. Washington, DC: The Preservation Press, 1991. ISBN 0-89133-180-8. páx. 31
  3. Blanche Higgins Schroer e J. Walter Coleman (6 de novembro de 1974). "National Register of Historic Places Inventory-Nomination: Mark Twain House" (PDF). National Park Service. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de maio de 2012. Consultado o 19 de marzo de 2020. . Accompanying 5 photos, exterior and interior, from c.1965, 1968, 1974 and pre-1970 PDF (928 KiB)
  4. "History of the Institution". 2004. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2008. Consultado o 13 de maio de 2008. 
  5. Haas, Irvin. Historic Homes of American Authors. Washington, DC: The Preservation Press, 1991. ISBN 0-89133-180-8. páx. 29
  6. 6,0 6,1 Singer, Stephen (4 de xuño de 2002). "Twain's house a symbol of his success". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 13 de maio de 2008. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Charles, Eleanor (20 de xaneiro de 2002). "In the Region/Connecticut; Visitors' Center to Be Built at Mark Twain House". 
  8. "Remodeling:The Mark Twain House". 2006. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2008. Consultado o 13 de maio de 2008. 
  9. "Mark Twain House". 2006. Consultado o 12 de xuño de 2006. 
  10. 10,0 10,1 "Mark Twain Biography". 2006. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2006. Consultado o 12 de xuño de 2006. 
  11. Haas, Irvin. Historic Homes of American Authors. Washington, DC: The Preservation Press, 1991. ISBN 0-89133-180-8. páxs. 29-30
  12. Haas, Irvin. Historic Homes of American Authors. Washington, DC: The Preservation Press, 1991. ISBN 0-89133-180-8. páx. 32
  13. "Senators Dodd, Lieberman Secure $496,000 for Mark Twain House and Museum". 5 de agosto de 2005. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2007. Consultado o 13 de maio de 2008. 
  14. Kendall, David. "The Mark Twain House". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2008. Consultado o 13 de maio de 2008. 
  15. "LARSON ANNOUNCES $1 MILLION IN FUNDING FOR MARK TWAIN HOUSE". Arquivado dende o orixinal o 8 de xuño de 2006. Consultado o 12 de xuño de 2006. 
  16. Bush, David (2001). "Aetna And The Aetna Foundation Announce $500,000 Gift To The Mark Twain House". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2006. Consultado o 13 de maio de 2008. 
  17. Olson, Elizabeth (23 de decembro de 2005). "Arts, Briefly; New Humanities Grants". Consultado o 13 de maio de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]