Casa de Dona María

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Casa de Dona María
ConcelloGondomar
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGaliza
Coordenadas42°06′15″N 8°46′13″O / 42.104138888889, -8.77025Coordenadas: 42°06′15″N 8°46′13″O / 42.104138888889, -8.77025
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalSéculo XVII (En bo estado)
editar datos en Wikidata ]

A Casa de Dona María[1][2], tamén coñecida como Casa Inquisicional de Cristillón ou Casa de Cristillón[3] foi unha casa de labranza con certo poderío en Mañufe. Salienta por ter sido feudo do Santo Oficio e cárcere da Inquisición.[4][3][2] A súa fundación non ten data certa pero especúlase que corresponde á primeira metade do século XVII. Dende o ano 1673 foi morgado e sobre ela quedou escriturado un aforamento, sendo propietario Gerónimo de Seyra y Mariño.[3] Está situada no lugar de Cristillón, parroquia de Mañufe, Gondomar. Actualmente consérvase en bo estado, inda que con reformas[4][3][2].

Arquitectura[editar | editar a fonte]

O edificio levántase a base de perpiaño granítico irregular, de dous andares e cuberta a dúas augas. Inicialmente era de planta rectangular con orientación norte-sur. Máis tarde engadíuselle un anexo que funcionaba como patín. Co paso do tempo foise transformando e tras varios anexos quedou con forma de T.[4][3][2]A casa contaba con construcións anexas como corte, adega e lagar. Como elemento decorativo un reloxo de sol sobre o testeiro sur. Salienta un hórreo de grandes proporcións e beleza[3].Ao outro lado do camiño de Cristillón mantense, aínda modificada, a fonte do Romaio[1]

Historia e liñaxes[editar | editar a fonte]

A súa fundación remóntase á primeira metade do século XVII, segundo Soliño Troncoso. Engade que sobre ela fundouse morgado en 1673 sendo propietario o capitán Jerónimo de Seya Mariño, veciño de San Pedro de Filgueiras (actualmente San Pedro da Ramallosa) [4] Nese mesmo ano ante o escribán, Antonio Vitorio de Losada, a casa aforouse a unha familia da parroquia de Mañufe. O mesmo estudo engade que no ano 1681 o morgado foi adquirido polo matrimonio formado por Pedro de Puga Novoa, de Bembrive (Vigo) e María de Ulloa do barrio do Burgo (Baiona).[3]

No primeiro terzo do século XVIII o ben pasou a Manuel Antonio de la Sierpe Troncoso y Lira casado con Baltasara de Romay. Estes o deixaron para o seu fillo Manuel Antonio de la Sierpe Troncoso y Lira que casará en 1788 con María Francisca de Castro y Correa, de San Pedro da Ramallosa[3].

En 1828 o morgado é herdado por María Jesús de la Sierpe, filla de Manuel Antonio e María Francisca. A nova herdeira estaba casada con Fernando Fernández, veciño de Mañufe[3]. María Jesús de la Sierpe foi quen deu nome popular á casa[3].

A familia "de la Serpe" tivo outra casa en Mañufe, aos pés da ermida de San Sebastián, aínda parcialmente conservada”[2][4].

Casa do Santo Oficio[editar | editar a fonte]

Nesta casa, que foi cabeza de morgado, viviu un Comisario Inquisidor[2]. O seu vencello ao Santo Oficio está claramente amosado co brasón no lintel da entrada principal “cuxas armas se mostran sobre o brasón pétreo que coroa o lintel do portalón de entrada ao patio aberto ante a casa”[4]. Por outra banda, en parte, a casa funcionou como cárcere da Inquisición na planta baixa do edificio central.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rodríguez Lemos, Anxo. "Toponimia de Mañufe". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 26/05/2020. Consultado o 15/06/2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Casa de Dona María". Patrimoniogalego.net. Consultado o 15/06/2020. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 Soliño Troncoso, Manuel; Mosquera Veleiro, José Luis; Soliño Troncoso, Alfonso; Soliño Troncoso, Antonio (1995). Gondomar historia, arte y territorio (en Castelán). Ir Indo. pp. 306–309. ISBN 84-7680-225-0. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Soliño Troncoso, Antonio; Chamorro Sanromán, Juan (2018). Percorrido polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Instituto de Estudos Miñoranos. p. 124. ISBN 978-84-09-06595-0.