Cary-Hiroyuki Tagawa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Cary-Hiroyuki Tagawa | |
|---|---|
Cary-Hiroyuki Tagawa no 2011. |
|
| Nacemento | 27 de setembro de 1950 Toquio, Xapón |
| Outros nome(s) | Cary Tagawa |
| Profesión | Actor produtor artista marcial |
| Coñecido/a por | Shang Tsung en Mortal Kombat Kwang en License to Kill Heihachi Mishima en Tekken |
| Ficha na IMDb | |
Cary-Hiroyuki Tagawa, nado o 27 de setembro de 1950, é un actor xaponés.
Índice |
[editar] Biografía
[editar] Infancia
Tagawa naceu en Toquio, no Xapón. É fillo dunha actriz xaponesa e dun militar nipo-americano que serviu nas Forzas Armadas dos Estados Unidos de América. Comezou a actuar xa no ensino medio e graduouse na Universidade de Carolina do Sur.
[editar] Carreira
A súa revelación como actor aconteceu tras o filme The Last Emperor en 1987. En 1989 actuou no filme License to Kill. En 1991, ao lado de Dolph Lundgren e Brandon Lee fixo Showdown in Little Tokyo. No mesmo ano, tamén fixo o filme The Perfect Weapon.
Moitos lembraranse del por papeis de viláns, como Yoshida en Showdown in Little Tokyo (1991), Shang Tsung en Mortal Kombat (1995), ou Kabai Singh en The Phantom (1996).
[editar] Filmografía[1]
- The Last Emperor (1987)
- Twins (1998)
- Bulletproof (1988)
- Licence to Kill (1989)
- The Last Warrior (1989)
- Showdown in Little Tokyo (1991)
- Kickboxer 2: The Road Back (1991)
- The Perfect Weapon (1991)
- American Me (1992)
- Nemesis (1993)
- Rising Sun (1993)
- Space Rangers (1993)
- Picture Bride (1994)
- Mortal Kombat (1995)
- Soldier Boyz (1995)
- The Phantom (1996)
- Sabrina, the Teenage Witch (serie de TV, (1996)
- Top of the World (1997)
- Mortal Kombat: Aniquilación (1997,cameo)
- Stargate SG1 : episodio emancipation (1997)
- Danger Zone (1997)
- Vampires (1998)
- Bridge of Dragons (1999)
- Johnny Tsunami (1999)
- Snow Falling on Cedars (1999)
- The Art of War (2000)
- Pearl Harbor (2001)
- Planet of the Apes (2001)
- Baywatch: Hawaiian Wedding (2003)
- Hawaii (serie de televisión,2004)
- The Sand Island Drive Inn Anthem (2005)
- Faith of My Fathers (2005)
- Elektra (2005)
- Memoirs of a Geisha (2005)
- The Slanted Screen (documental, (2006)
- Teen Titans: Trouble in Tokyo (2006)
- Johnny Kapahala: Back on Board (2007)
- Balls of Fury (2007)
- Ghost Voyage (2008)
- SlaughterSlaughter (2009)
- Tekken (2010)
- Hachiko: A Dog's Story (2010)
- Hype Nation (2010/2011)
- Miami Vice: (series 1987/1989)
- Nash Bridges: (series 1995 - 1997)