Óso pisiforme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pisiforme (óso)")

O pisiforme é un óso do membro superior humano, pertencente ao carpo. Forma parte da fileira proximal do pulso, e é o óso máis interno ou medial. Está incluído dentro do tendón do músculo flexor cubital do carpo. Artéllase coa coa superficie anterior do piramidal. Ten forma de chícharo e é máis pequeno que o resto de ósos do carpo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)