Carmen Montes Cano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarmen Montes Cano

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Cádiz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada)
Universidade de Estocolmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua sueca, lingua norueguesa e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 3041366

Carmen Montes Cano, nada en Cádiz en 1963, é unha tradutora española, galardoada co Premio Nacional de Tradución de España en 2013 pola versión ó español de Kallocaína, da autora sueca Karin Boye.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Clásica na Universidade de Granada, realizou un terceiro ciclo universitario en Lingüística e Literatura na mesma universidade e un máster na Universidade de Estocolmo de Lingua e Cultura sueca. É especialista na tradución do sueco, latín e noruegués ó español de obras literarias. Traduciu, entre outros, ó guionista e director Ingmar Bergman, ós novelistas Henning Mankell e Camilla Läckberg,[2] ou o teólogo e místico, Emanuel Swedenborg; do latín Publio Ovidio Nasón e do noruegués, o escritor e cantante Jo Nesbø.[3]

En 2013 foi galardoada polo Ministerio de Cultura de España co Premio Nacional de Tradución de España por Kallocaína, da poeta e novelista sueca Karin Boye, unha obra cumio entre as novelas distópicas do panorama literario universal.[4]

Notas[editar | editar a fonte]