Carin von Kantzow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carin von Kantzow, chamada Freiin Fock de solteira, nada en Estocolmo en 1888 e finada en 1931, foi unha aristócrata sueca, primeira dona de Hermann Göring.

[editar] Traxectoria

Filla do barón Carl von Fock, de ascendencia alemá, moi influída pola súa nai, casou en 1909 co barón Nils Gustav von Kantzow, con quen tivo un fillo. Göring coñeceuna no castelo familiar da familia Von Rosen, Rockelstad, en 1920, mentres traballaba como piloto en Suecia, e ás poucas semanas foron vivir xuntos, aínda que non se divorciou do seu anterior marido ata 1922. Casando en 1923 e establecendo a súa residencia en Baviera. Tralo intento de golpe militar en Baviera de 1923 marcha a Austria co seu home, que como xefe das SA resultara ferido nos enfrontamentos, finalmente en 1924 aséntanse en Estocolmo. En 1928 regresa a Alemaña, cando o seu home foi elixido deputado polo NSDAP.

De saúde delicade durante toda a súa vida, morreu de tuberculose durante unha viaxe a Estocolmo, pouco despois da morte da súa nai.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas