Caricaturas de Mahoma no xornal Jyllands-Posten
A caricaturas de Mahoma son unha serie de doce viñetas de carácter satírico aparecidas no xornal dinamarqués Jyllands-Posten por vez primeira o 30 de decembro de 2005 para ilustrar o texto dun artigo relacionado coa autocensura e a liberdade de expresión redactado por Flemming Rose.
Índice |
Características [editar]
Nos debuxos aparece representado o profeta do islam Mahoma; a máis polémica das caricaturas é aquela na que o profeta aparece ataviado cun turbante en forma de bomba, unha viñeta inspirada nun outro coñecido debuxo de Aladdin portando unha mazá enriba do seu turbante. Os debuxos son obra do artista Kurt Westergaard, que a causa disto recibiu diversas ameazas e sufriu varios intentos de asasinato, o último a cargo dun mozo somalí de 28 anos o 1 de xaneiro de 2010.[1]
A raíz da primeira publicación das imaxes en Dinamarca, houbo unha reacción violenta do radicalismo relixioso islámica[2] e unha contrareacción de moitas cabeceiras europeas de información en defensa da liberdade de expresión, tal que o diairo francés France Soir ou o alemán Die Welt.
Notas [editar]
- ↑ Somalier ville dræbe Kurt Westergaard, nova aparecida en Ekstra Bladet o 2 de xaneiro de 2010
- ↑ Palestinos toman oficina de la UE en protesta por caricaturas, nova aparecida o 30 de xaneiro de 2006. (en castelán)