Caio Antistio Veto
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caio Antistio Veto (en latín Gaius Antistius Vetus; nado polos anos 50 a. C., finado no ano 1, foi un cónsul, ademais de senador e xeneral do Imperio romano.
Fillo d cónsul Caio Antistio Veto, no 16-15 a. C. empezou a súa carreira política como maxistrado monetario. Participou en Hispania nas Guerras Cántabras entre 26 a. C.-24 a. C., onde se fixo cargo do mando en ausencia por enfermidade do emperador Augusto, quen acudira en persoa ao conflito. Realizou campañas vitoriosas en Amaya, Bergida, Monte Vindio y Aracillum e foi gobernador da Hispania Citerior.
No 6 a. C. foi nomeado cónsul ordinario, e máis tarde procónsul da provincia de Asia. Os seus dous fillos, Caio e Lucio, tamén foron cónsules.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Cassio Dione Cocceiano, Storia di Roma, LV, prólogo; LV, 9, 1.
- Prosopographia Imperii Romani² A 771
| Precedido por: Tiberio Claudio Nerón e Cneo Calpurnio Pisón |
Cónsul do Imperio romano canda Décimo Lelio Balbo 6 a. C. |
Sucedido por: César Augusto e Lucio Cornelio Sila |