Xosé Manuel Sánchez Aguión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Manuel Sánchez Aguión
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Boimorto, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xosé Manuel Sánchez Aguión, nado en Boimorto en 1956, é un sindicalista galego e actual secretario xeral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Afiliado a CCOO desde 1977, estivo ligado nos inicios á Federación Agroalimentaria de CCOO debido á súa formación como capataz agrícola e ex xefe de explotación no Instituto Nacional de Investigacións Agrarias de Mabegondo [1]. Desa federación foi secretario xeral entre 1980 e 1988 e, posteriormente, entre 1988 e 1996, foi secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO da Coruña [2].

No final do seu mandato coruñés entrou a formar parte da Comisión Executiva Nacional de CCOO de Galiza como responsábel de Organización e Finanzas, e máis tarde de Organización, cargo no que permaneceu até 2009, cando se presentou para substituír a Xan María Castro após o retiro deste á fronte do sindicato. Foi elixido secretario xeral no IX Congreso do sindicato,[3] ese mesmo ano, e reelixido en 2013.


Predecesor:
Xan María Castro
 Secretario xeral de CCOO de Galicia 
Xosé Manuel Sánchez Aguión
2009-2017
Sucesor:
Ramón Sarmiento


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrevista a Sánchez Aguión no diario Galicia Hoxe Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Consultado o 8 de febreiro de 2010.
  2. Perfil de Sánchez Aguión no portal Galicia Dixital Consultado o 8 de febreiro de 2010.
  3. "Finalizou o 10 Congreso do Sindicato Nacional de CC.OO. elixindo como secretario xeral a Xosé Manuel Sáchez Aguión.". ccoo.gal. 28 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2023. Consultado o 28 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]