CAT 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CAT 1
Tipo Tecnolóxico
Contratistas principais ESA
Data de lanzamento 24 de decembro de 1979, 17:14 GMT[1][2][3]
Foguete portador Ariane 1[2][4]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Kourou[2][3][4]
Obxectivo da misión Tecnolóxico[2][4][3]
Decaemento 27 de novembro de 1989[1]
NSSDC ID 1979-104A
Masa 1602 kg[2][4][5]

CAT 1, acrónimo de Capsule Ariane Technologique 1, foi un satélite artificial da ESA lanzado o 24 de decembro de 1979 mediante o primeiro foguete Ariane 1 desde o Centro Espacial de Kourou.[5][4][1][2]

Características[editar | editar a fonte]

CAT 1 foi unha cápsula tecnolóxica posta en órbita durante o lanzamento do primeiro Ariane 1. Con 1602 kg de masa, foi posto nunha órbita inicial de 125 km de perixeo, 14.047 km de apoxeo, unha inclinación orbital de 17,8 graos e un período de 259,1 minutos. A cápsula funcionaba con baterías e foi deseñada para durar 8 órbitas. A súa función foi recompilar información sobre o foguete durante o lanzamento e posta en órbita e retransmitila a terra para obter datos cos que validar o foguete.[3][5][2][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "CAT 1" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=11645. Consultado o 9 de maio de 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "CAT 1" (en inglés). 20 de abril de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1979-104A. Consultado o 9 de maio de 2012.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 (PDF) Registration information for Ariane 3rd stage and technological capsule (CATLetter dated 24 January 1980 from the Director-General of the European Space Agency addressed to the Secretary-General. 8 de febreiro de 1980. pp. 1. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=306.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "CAT 1, 2, 3, 4" (en inglés). Gunter's Space Page. 2012. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/cat-1.htm. Consultado o 9 de maio de 2012.
  5. 5,0 5,1 5,2 "CAT" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/cat.htm. Consultado o 9 de maio de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]