César Rosas Bermúdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCésar Rosas Bermúdez
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
Nerva, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de abril de 1939 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Teis, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

César Rosas Bermúdez, nado en Nerva (Huelva) en 1903 e finado en Teis o 3 de abril de 1939, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Taxista de profesión. Nos anos da República marchou a Vigo e empregouse nas factorías de Vulcano. Dirixente do Sindicato Metalúrxico e Secretario do Sindicato de Oficios Varios da CNT de Vigo. Representou á comarca viguesa no Congreso da CNT de Zaragoza. Foi detido en varias ocasións pola súa militancia cenetista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia en Teis e Lavadores. Logo fuxiu cara aos montes da Madroa. O 12 de abril de 1937 as autoridades franquistas organizaron unha batida en San Xoán do Monte na súa procura e na dos seus compañeiros Antonio Iglesias González e Ernesto Rodríguez Vázquez. Os veciños que os protexían, Jose Niebla García e Ángela Iglesias Rebollar, foron detidos e logo asasinados nas inmediacións do Monte da Guía. O 19 de abril foron localizados por unha delación e asasinados os compoñentes do grupo Olegario Collazo Lago, Leopoldo Comesaña Lorenzo e José López Rivas en San Xoán do Monte. Foi xulgado en Vigo por rebelión e declarado en rebeldía. Abríronlle expediente por responsabilidade civil en setembro de 1937.[1] A finais de xaneiro de 1939 participou nun atraco a unha taberna de Cabral, onde foi recoñecido. O 3 de abril de 1939 cando estaba refuxiado con Antonio Iglesias González na casa de Lucía Domínguez Eiroa no Toural, foron acurralados pola Garda Civil e suicidáronse.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 10-9-1937, p. 9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. pp. 124–125. ISBN 84-87783-79-1. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 135–136. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]