Cándido Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCándido Lorenzo
Biografía
Nacemento(es) Cándido Lorenzo González Editar o valor em Wikidata
23 de setembro de 1925 Editar o valor em Wikidata
Laroá, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de decembro de 2019 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Bispo diocesano
3 de outubro de 1981 – 17 de xullo de 2002
← Amadeo González FerreirosPedro Brito Guimarães (pt) Traducir →
Titular bishop of Scardona (en) Traducir
5 de decembro de 1969 –
Diocese: Skradin titular see (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil
España Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1970–), sacerdote católico (1954–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde da Mercé Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónJaime de Barros Câmara (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Cándido Lorenzo González, nado en Laroá,[1] (Xinzo de Limia) o 23 de setembro de 1925 e finado no Brasil o 17 de decembro de 2019, foi un bispo católico e frade mercedario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de estudar a primaria en Xinzo e a secundaria en Sarria, fixo estudos de teoloxía no mosteiro de Poio onde ingresou na Orde da Mercé e onde se ordenou como crego católico en 1954. En 1960 trasládase como sacerdote ao Brasil, e en 1969 é nomeado prelado de São Raimundo Nonato, en Piauí, ata que o 3 de outubro de 1981 convértese no bispo titular desa mesma prelatura, agora xa convertida en diocese, cargo no que permaneceu ata que se xubilou en 2002.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Foi nomeado fillo predilecto de Laroá en 1995.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Historia en 4 tiempos". laregion.es (en castelán). 27 de setembro de 2020. Consultado o 07 de outubro de 2020.