Burnley
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Burnley é unha cidade na zona metropolitana de Burnley en Lancashire, Inglaterra, cunha poboación de ao redor de 73.500 habitantes. Atópase a 18 km ao leste de Blackburn e a 40 de Preston, na confluencia dos Río Calder e Brun.
Índice |
[editar] Historia e características
Os inicios da cidade remóntanse á época medieval como un período de pequena cidade, pero o seu principal período de expansión produciuse durante a Revolución industrial, cando se converteu no maior produtor mundial de tea de algodón. Hoxe en día, Burnley perdeu gran parte da súa industria, e é cada vez máis unha cidade dormitorio de Manchester, Leeds e do corredor da M65.[1] O sector público é agora o maior xerador de emprego da cidade.
[editar] Notas
- ↑ Lancashire County Council. Accessed 27 October 2007
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Burnley Borough Council (en inglés)
- Visit Burnley (en inglés)