Shamisen
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
O shamisen ou samisen (三味線? literalmente "tres cordas"), tamén chamado sangen (三絃? tamén "tres cordas"), é un instrumento tradicional xaponés tocado cun plectrum chamado bachi. A pronunciación en xaponés é "shamisen", pero ás veces é "jamisen" cando é sufixo (por exemplo: Tsugaru-jamisen).[1] No oeste de Xapón e nas fontes do período Edo chámaselle "samisen."
Índice |
Construción [editar]
O shamisen é un instrumento de corda pulsada. A súa construción segue un modelo semellante ó dunha guitarra ou banjo, empregando un pescozo e coas cordas estiradas ó longo dun corpo de resonancia. O pescozo do shamisen ofrece menos rozamento e é máis delgado que o dunha guitarra ou banjo. O seu corpo, chamado dō (胴?), aseméllase a un tambor, cun interior oco e unha pel tensada cara os estremos.