Provincia de Buxoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Provincia de Bukhara»)
Modelo:Xeografía políticaProvincia de Buxoro
Buxoro viloyati (uz) Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°10′N 63°40′L / 40.17, 63.67Coordenadas: 40°10′N 63°40′L / 40.17, 63.67
EstadoUzbekistán Editar o valor em Wikidata
CapitalBukhara Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.543.900 (2009) Editar o valor em Wikidata (39,19 hab./km²)
Lingua usadaLingua casaca
Lingua karakalpak
Uzbeki Arabic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie39.400 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude206 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación15 de xaneiro de 1938 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+5 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2UZ-BU Editar o valor em Wikidata

Páxina webbuxoro.uz… Editar o valor em Wikidata

A provincia de Bukhara, provincia de Buxara ou provincia de Buxoro (en uzbeko Бухоро вилояти, Buxoro viloyati) é unha división administrativa (viloyati) de Uzbekistán, que se atopa no suroeste do territorio uzbeko, con capital na cidade de Bukhara.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A provincia de Bukhara cobre unha superficie de 39.400 km², e atópase no suroeste de Uzbekistán. Fai fronteira con Turkmenistán polo suroeste, así como coa provincia de Navoi polo leste, Jizzakh polo sueste, Corasmia polo noroeste e a República de Karakalpaquistán polo noroeste. O deserto de Kyzyl Kum ocupa gran parte do seu territorio.

O territorio da provincia é rico en depósitos de gas natural e petróleo. Do seu solo extráese ademais grafito, mármore, granito, xeso, xofre, cal, así como outros materiais usados para a manufactura de materiais de construción.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación da provincia de Bukhara é de 1.534.900 habitantes, dos cales o 68% vive en áreas rurais, e o 32% en áreas urbanas. Na provincia conviven uzbekos e taxicos, sendo estes últimos maioría na poboación. A convivencia de ambos grupos étnicos na provincia foi pacífica, en contraste co Val de Fergana, onde se rexistraron conflitos étnicos e sociais. As comunidades, que adoitan ser na súa maioría mixtas, saben ser bilingües, fálase tanto o persa como o uzbeko, e incluso é fenómeno común a mestizaxe. Ambos grupos exhiben unha cultura en común e unha organización económica similar. É común a expresión na provincia de "un pobo con dous idiomas".

Economía[editar | editar a fonte]

A industria enerxética é de fundamental importancia na economía da provincia. Existen importantes depósitos petrolíferos como os de Kandim, Okkum e Parsonkul, dos cales se calculan 10 millóns de toneladas de reservas de petróleo e 220 mil millóns de metros cúbicos de gas natural.

Outra industria importante é a do téxtil, a cal xira arredor do algodón e a seda. Tamén a provincia se caracteriza pola produción de artesanías tradicionais uzbekas, das cales destacan os cerámicos e o bordados con ouro.

A produción agrícola baséase no algodón e o trigo, mentres que a gandaría se centra no gando ovino de Astrakhán e na crianza do verme da seda.