Bruno Zevi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bruno Zevi.

Bruno Zevi, nado en Roma o 22 de xaneiro de 1918 e falecido na mesma cidade o 9 de xaneiro de 2000, foi un arquitecto e crítico de arte italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1938 marcha de Italia, viaxando a Londres e despois ós Estados Unidos. Doutorouse en arquitectura en Harvard con Walter Gropius e estudou a obra de Frank Lloyd Wright que contribuíu a divulgar en Italia. En 1944 funda a Associazione per l'Architettura Organica (APAO) e o ano seguinte a revista Metron-architettura.

Obra escrita[editar | editar a fonte]

  • Saper vedere l'architettura (1948).
  • Storia dell'architettura moderna (1950 e 1996).
  • Architettura in nuce (1979).
  • Saper vedere l'urbanistica (1997).
  • Leggere, scrivere, parlare architettura (1997).
  • Controstoria e storia dell'architettura (1999).