Bruce McCandless II
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Bruce McCandless II, nado o 8 de xuño de 1937 en Boston (Massachusetts) é un ex aviador naval da Mariña dos Estados Unidos e ex astronauta da NASA. Durante a primeira das súas dúas misións no transbordador espacial fixo a primeira camiñada espacial sen ataduras, un voo libre utilizando unha Unidade de Manobra Tripulada. Participou nas misións STS-41-B e STS-31 pasando un tempo no espazo de 13 días e 31 minutos.