Bouquinistes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gravado de Jean Henry Marlet con Adrien Victor Auger, bouquiniste no quai Voltaire (1821).


Bouquinistes de Paris (2007).
Postos pechados de bouquiniste (2006).

Os bouquinistes (libreiros en lingua francesa) son os vendedores de libros antigos e de ocasión da cidade de París, que teñen os seus postos ás beiras do río Sena: entre pont Marie e quai du Louvre na beira dereita, e entre o quai de la Tournelle e quai Voltaire na beira esquerda.

Historia[editar | editar a fonte]

A tradición dos bouquinistes comeza cara ao século XVI cos pequenos comerciantes itinerantes. Logo da presión dos libreiros, en 1649 publicouse un regulamento prohibindo as tendas ambulantes e os escaparates de libros sobre a Pont Neuf. O poder na época tiña unha gran teima teima coa limitación dos mercados paralelos non suxeitos á censura. Segundo a regulamentación de cada momento, os libreiros ambulantes foron expulsados e despois reintegrados aos seus postos.

O emblema tradicional dos libreiros é un lagarto portando unha espada. O lagarto simboliza os libreiros sempre mirando cara ao Sol para vender os seus libros, e a espada representa o seu desexo de acadar a nobre profesión de libreiro, pois a estes lles fora concedido o privilexio de usar a espada.

O termo bouquiniste apareceu no dicionario da Academia Francesa en 1789. En 1859 foron definidas as concesións pola cidade de París, e os libreiros puideron establecerse en puntos fixos. Toda persoa tiña dereito a 10 metros, cun pago inicial de 25 F e unha taxa anual de 26,35 F. O horario de apertura estableceuse de sol a sol. Finalmente, en 1930 definiuse o tamaño fixo dos postos.

Instalados ao longo de máis de tres quilómetros ao longo do Sena, nunha zona recoñecida como patrimonio da humanidade pola UNESCO en 1991, os 240 bouquinistes de París rexentan os 900 postos verdes, onde hai expostos uns 300.000 libros antigos e de ocasión, así como numerosas revistas, selos e postais para coleccións[1].

O actual «Règlement des Bouquinistes» foi aprobado o 1 de outubro de 1993, sendo alcalde Jacques Chirac.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «À Paris, Le magazine municipal d'information», número 29, hiver 2008-2009, p. 12 (en francés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sybil Canac: Métiers de Paris, rares et insolites. Éditions Massin, Paris, 2008. Con fotografías de Valérie Jacob (en francés).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]