Bottomless Pit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bottomless Pit
OrixeChicago, Illinois,
Período2005 - 2014
Xénero(s)indie rock
Selo(s) discográfico(s)Comedy Minus One
MembrosAndy Cohen
Tim Midyett
Chris Manfrin
Brian Orchard
Na rede
bottomlesspit.us
Facebook: Bottomless-Pit-46899742825 MySpace: bottomlesspitchicago Last fm: Bottomless+Pit Musicbrainz: b427ea89-6351-4e61-8f76-74d7b7ecf295 Songkick: 594109 Discogs: 625970 Allmusic: mn0001434026 Editar o valor em Wikidata

Bottomless Pit é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Chicago, Illinois. Os guitarristas Andy Cohen e Tim Midyett,[1] os dous anteriormente en Silkworm, formaron o grupo co batería Chris Manfrin, de Seam, e o baixista Brian Orchard, de .22, no ano 2005. Dende o seu nacemento a banda editou tres álbum aclamados pola crítica e xirou polos Estados Unidos e o Canadá. Bottomless Pit tamén tocou unha vez en París para abrir o Villette Sonique Festival[2] en xuño de 2008, invitada polo trío de Chicago Shellac.

O seu álbum de estrea, Hammer of the Gods, tivo recensións favorables en varias publicacións musicais.[3][4][5] O álbum foi gravado parcialmente nos estudios Electrical Audio por Greg Norman e inicialmente foi autoeditado en vinilo de 45 rpm. O disco de vinilo tamén incluía unha copia do álbum en CD para maior comodidade. O seguinte EP, titulado Congress, tamén foi editado nese formato. Os dous traballos están dispoñibles como descarga dixital a través do selo de Nova Jersey Comedy Minus One.[6]

O 26 de xaneiro de 2010 a banda anunciou a través da súa páxina de Facebook que o seu seguinte álbum, Blood Under the Bridge, estaría rematado e masterizado en marzo e sería editado o 10 de agosto dese ano.[7] En marzo, catro cancións do álbum, "38 Souls", "Q.E.D.", "Winterwind" e "Summerwind" foron subidas a Internet (as dúas primeiras a través de Facebook e as dúas segundas de Myspace).

Un terceiro álbum, titulado Shade Perennial, foi editado a través do selo Comedy Minus One o 29 de outubro de 2013.[8]

Bottomless Pit anunciou un hiato indefinido en 2014,[9] formando Midyett a banda Mint Mile pouco despois.[10]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Hammer of the Gods 2007 Comedy Minus One
Blood Under the Bridge 2010 Comedy Minus One
Shade Perennial 2013 Comedy Minus One

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Electrical Audio • View topic - Midyett Rub makes it into Bon Appetit!". www.electricalaudio.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 2019-11-22. 
  2. "Clipse, Deerhunter, Shellac Play Villette Sonique | Pitchfork". web.archive.org. 2008-07-10. Archived from the original on 10 de xullo de 2008. Consultado o 2019-11-22. 
  3. "Bottomless Pit —Hammer of the Gods | Three Imaginary Girls". web.archive.org. 2008-06-29. Archived from the original on 29 de xuño de 2008. Consultado o 2019-11-22. 
  4. Mee, Daniel (2007-11-14). "Bottomless Pit, Hammer of the Gods". Houston Press. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-22. 
  5. "Bottomless Pit, ‘Hammer of the Gods’ (Comedy Minus One)". Spin. 2008-01-18. Consultado o 2019-11-22. 
  6. "Comedy Minus One Records". shop.comedyminusone.com. Consultado o 2019-11-23. 
  7. "Blood Under The Bridge" (PDF). web.archive.org. 2010-09-11. Archived from the original on 11 de setembro de 2010. Consultado o 2019-11-22. 
  8. "Bottomless Pit's "Shade Perennial" out October 29!". Comedy Minus One (en inglés). 2013-09-10. Consultado o 2019-11-22. 
  9. "Bottomless Pit". www.facebook.com. Consultado o 2019-11-23. 
  10. "Mint Mile". Comedy Minus One (en inglés). Consultado o 2019-11-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]