Myspace
Myspace é un servizo de rede social virtual fundado nos Estados Unidos, que pon gratuitamente a disposición dos seus membros rexistrados un espazo web personalizado, que permite crear un blog, mostrar as súas composicións musicais e difundir información de tipo personal, sobre gustos, aficións, etc.
O site posúe tamén un sistema de mensaxería que facilita a comunicación entre os seus membros. Unha das maiores aportacións deste espazo é a posibilidade que dá de albergar numerosos sites de grupos musicais e dj's dos estilos musicais máis variados, procedentes de múltiples países. Myspace é empregado por moitos artistas para daren a coñecer a súa obra.
Fundado por Tom Anderson e Chris DeWolfe en agosto de 2003, Myspace foi comprado polo grupo de Rupert Murdoch, News Corp. en xullo de 2005.
Actualmente Myspace non ofrece servizo en galego.
[editar] Música galega en Myspace
Hay algúns artistas galegos que ofrecen os seus traballos a través do Myspace, entre eles destacamos:
Só son algúns exemplos, entrando en calquera deles é fácil ligar con máis músicos galegos vendo a sección de amigos.