Borja Quintela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBorja Quintela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1989 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata


Borja Quintela Rodríguez, nado en Ourense o 25 de xaneiro de 1989, é un cantante e compositor galego principalmente en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios profesionais[editar | editar a fonte]

Con 19 anos comezou a frecuentar os karaokes da súa cidade natal, onde estabeleceu contactos con xente do ámbito da música e, sobre todo, do ambiente das orquestras e da verbena. Posteriormente, decidiu presentarse a concursos de karaoke. Tras gañar algún deles "inesperadamente",[1][2] iniciou a súa formación como vocalista, e comezou a recibir ofertas de traballo de diferentes conxuntos orquestrais. Neste aspecto, formou parte de, entre outras, a orquestra ourensá Costa Dorada e a asturiana Nueva Banda.

Como compositor[editar | editar a fonte]

Durante o seu período como vocalista de orquestra, Quintela foi descubrindo que tiña dotes e inspiración para compoñer cancións. Para acompañar as súas composicións, decidiu tomar algunhas leccións de piano.

O 18 de febreiro de 2015, co selo discográfico Club 33 Music, publicou o seu primeiro tema, “El roce de tu piel”, de inspiración latina, con base principalmente na bachata. A canción permitiulle participar en varios eventos na cidade de Ourense. Algúns deles son o Ourense Dance, o 20 de xuño de 2015,[1] concerto de música dance e techno encadrado no programa das Festas do Corpus de Ourense. Tamén participou na festa de Radio Líder[3] e actuou no programa Bamboleo da Televisión de Galicia.[4]

O ano seguinte, en 2016, saíron á luz tres sinxelos máis: “Pido perdón”, “Puzzle de Dos” e “Hasta quitarte la ropa”.[3]

  • "Pido Perdón", tamén con Club 33 Music, segue a liña latina de "El roce de tu piel", neste caso cunha base de reguetón.
  • "Puzzle de dos", producido por Sebastian Mato, deriva cara a ritmos máis próximos ao pop.
  • "Hasta quitarte la ropa", lanzado desta volta por Factoria Records, regresa aos ritmos latinos característicos do cantautor ourensán. Este tema, amais, permitiulle gravar o seu primeiro videoclip, dirixido por Álex Carausan.

O 23 de marzo de 2017 publicouse na plataforma YouTube o seu novo tema, "Calla", e o videoclip do mesmo, dirixido de novo por Álex Carausan.[5] Trátase dun retorno ao pop de "Puzzle de dos", mais esta vez con toques de balada e fragmentos máis roqueiros.

En 2019 lanzou unha campaña de micromecenado para o que sería o seu primeiro álbum en solitario, "Todo y nada".[6] A presentación, prevista para maio de 2020 no Teatro Principal de Ourense, tivo que ser adiada debido aos protocolos adoptados ante a pandemia do coronavirus.[7] O traballo, con ritmos que inclúen o pop, o soul, a balada e o R&B, foi publicado finalmente en 2021, tanto en formato físico como en dixital.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Todo y nada (2021)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Borja Quintela". Orquestas de Galicia.es (en castelán). Consultado o 26/1/2022. 
  2. "Borja Quintela: Sintiendo “El roce de tu piel"". La Región (en castelán). 3/5/2015. Consultado o 26/1/2022. 
  3. 3,0 3,1 "El ourensano Borja Quintela nos presenta "Calla"". Radio Líder (en castelán). 29/3/2017. Arquivado dende o orixinal o 26/01/2022. Consultado o 6/1/2022. 
  4. "Mirela, Roi Casal, Orquestra Gran Casino e Borja Quintela". CRTVG. Consultado o 26/1/2022. 
  5. "Borja Quintela - Calla (Vídeo Oficial)" (en castelán). Consultado o 26/1/2022. 
  6. "Crowdfunding "Borja Quintela - "Todo y Nada""". Verkami (en castelán). Consultado o 26/1/2022. 
  7. "La Entrevista de Hoy Borja Quintela". Tele Miño (en castelán). 5/3/2021. Consultado o 26/1/2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]