Bombardeo de Singapur (1944-1945)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 1°22′N 103°48′L / 1.367, -103.800

Bombardeo de Singapur
Parte de Segunda guerra mundial

O IX peirao flotante da base naval de Singapur foi o obxectivo de dous ataques en 1945.
Data 5 de novembro de 1944 - 24 de maio de 1945
Lugar Singapur
Resultado Incerto
Belixerantes
Estados Unidos de América Estados Unidos

Reino Unido Reino Unido

Xapón Imperio do Xapón
Baixas
9 bombardeiros destruídos Destrución de varias instalacións navais. Destrución de catro navíos e danos en once.

O bombardeo de Singapur (1944–1945) foi unha campaña militar dirixida polas forzas aéreas aliadas durante a segunda guerra mundial. Unidades de bombardeiros de longo alcance das Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF) lanzaron 11 ataques aéreos dirixidos a Singapur, ocupado polo Imperio Xaponés, entre novembro de 1944 e marzo de 1945. A maioría destes ataques ían dirixidos contra a base naval e as instalacións dos estaleiros da illa. Despois de que os bombardeiros americanos se reorganizasen, os británicos da Royal Air Force asumiron a responsabilidade das operacións de minado preto de Singapur, as cales continuaron até o 24 de maio de 1945.

Os ataques tiveron resultados diversos: o dano máis significativo foi provocado na importante base naval de Singapur e no porto comercial. Algúns ataques sobre estes obxectivos non tiveron éxito e outros contra instalacións de almacenaxe de carburante en illas preto de Singapur foron ineficaces. A campaña de minado interrompeu o tráfico de barcos xaponesos na área de Singapur e provocou a perda de tres barcos e danos noutros dez, pero no foron decisivos no devir da guerra. Porén, os ataques aéreos aliados tiveron éxito alzando a moral da poboación civil de Singapur, que cría que estes poderían marcar a inminente liberación da cidade. O número global de vítimas civís dos bombardeos foi baixo, aínda que un ataque en concreto matou centenares de indixentes e varios traballadores civís de instalacións militares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]